6.1.09

Gaza: unha lección exemplar

Onte na tertulia d' A Crónica da Radio Galega, o condutor do programa, Luís Ojea, entrevistou ao escritor Miguel Anxo Murado arredor da invasión de Gaza polo exército israelita. Murado, moi bo coñecedor do conflito, axudounos a comprender os termos reais nos que se está desenvolvendo esta traxedia. "Chamarlle guerra a este conflito é moi esaxerado. É a batalla máis desigual do século XXI. A diferencia do conflito do Libano de 2006, en Gaza non hai retagarda." Para o autor de Fin de século en Palestina "o goberno israelita, en plena campaña electoral, aspira a dar unha lección exemplar, un castigo colectivo ao pobo palestino. Cando consideren que xa está dada, se retirarán como sucedeu noutras ocasións". Murado lembrou que o 70% da poboación israelita apoia esta invasión. "O 40% votou a partidos de extrema dereita e o 22% á dereita, a Kadima." Con respecto aos palestinos, "a diferenza entre Hamás e a OLP é moi pequena. É xeracional e xeográfica. Non esquezamos que Hamás foi apoiada inicialmente por Ariel Sharon que consideraba que polo seu carácter relixioso sería máis conservadora ca OLP". Rematou a súa intervención Miguel Anxo lembrando as orixes do conflito no 48, cando se produciu a deportación do 80% da poboación palestina, e "o inevitable cambio de posición que adoptará Obama, aínda que non será radical".
A matanza de hoxe nunha escola da ONU, onde se refuxiaban civís palestinos, demostra, outra vez máis, o cinismo do goberno israelita que unha e outra vez xustifica o seu castigo baixo o peregrino argumento de que "os membros de Hamás se agachan entre os civís". En todo caso, semella que o pretenden con esta invasión (despois de dez días de durísimos bombardeos), tanto a ministra de Exteriores como o ministro de Defensa, é consolidar o seu castigo antes da toma de posesión de Obama. Así demostrarían firmeza diante do seu electorado. Despois das eleccións de febreiro, abrirase unha nova etapa. Mentres, un millón e medio de palestinos non teñen sequera por onde fuxir. Os interrogantes quedan abertos.



Recomendo seguir a información que dende a Faixa publican os blogs Moments of Gaza (mantido por Natalie Abou Shakra, activista libanesa do Movemento Free Gaza) e In Gaza (aquí pode lerse a tradución portuguesa dunha das anotacións de hoxe), ademais de Electronic Intifada (algúnhas das súas anotacións están traducidas por Amálgama).

Marcadores: , , ,

1 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Matar a personas inocentes en atentados terroristas, se convierte en Kafir Murtadd Mustahlil, es decir en apóstata, por haber pretendido hacer halal (istihlal) el asesinato de inocentes, crimen que el Sagrado Corán y la Sunna del Profeta Muhammad, Dios le bendiga y salve, prohíben expresamente.
La causa del terrorismo es la ignorancia y el fanatismo y la solución es la educación.
Mientras los palestinos continúen sin aceptar la existencia del Estado de Israel y sin renunciar a la violencia, tal como sigue defendiendo Hamas en todos los foros, no habrá paz, ni estabilidad, ni seguridad para Oriente Medio. Se trata de aceptar la realidad nacida en 1948, el Estado hebreo, y de ser capaces de convivir con ella en paz y armonía, construyendo junto con sus vecinos un marco que haga compatible el desarrollo social y económico con una democracia creíble. Sin embargo, la realidad al día de hoy es muy distinta y el liderazgo palestino se muestra muy torpe a la hora de conducir a su propia gente. En definitiva, se trata de ser pragmáticos, hablar de política, sentarse a negociar y aceptar las realidades sobre el terreno.

Esto se puede leer en la web de maría Velasco, residente palestina-española en Gaza.
No es proisraelí...es propalestina. Lo que ´si no es pro Hamás.

6:34 PM  

Postar um comentário

<< Home