
Hoxe coñecimos dúas noticias sobre dispositivos electrónicos portátiles de lectura, o
novo modelo de sony e o
novo kindle de Amazon. O
Sony PRS-700 é un
e-book que presenta a pantalla táctil como novidade máis importante sobre o modelo anterior, o coñecido como Sony reader. Pola súa banda, Amazon presentará o luns en Nova York o
Kindle 2 que, polas
fotos filtradas, parece moi
semellante ao modelo anterior e manterá o seu carácter pechado. No entanto e a pesar destas novidades de dispositivos específicos de lectura baseados en tinta electrónica, o futuro da lectura en pantallas pode estar en
dispositivos non especializados (pedeás, ultraportátiles,
iphones e
outros teléfonos ou as consolas portátiles domo a PSP ou a Nintendo) asociados á posibilidade que proporciona
Google Book Search. Cada vez parece máis claro o futuro da lectura sobre pantallas portátiles, porén non se albisca, aínda, cál pode ser o soporte que se impoña no mercado.
Marcadores: Libro_electrónico, Tecnoloxías
2 Comments:
...non sei se preguntar se Xerais ten intención de dixitalizar e facilitar posteriormente o acceso á súa colección...
Claro, todo ha chegar. Xerais ten unha parte do seu fondo xa dixitalizada. Ese non é problema. Se somos serios, sobre esta cuestión no mercado español, hai máis fume promocional que proxectos sólidos de edición electrónica e distribución como os de Amazon ou Numilog. Non teño medo ningún que axiña existirán libros electrónicos en galego para dispositivos portátiles.
Postar um comentário
<< Home