20.2.09

Quintana en Oia

Se foi tal como o contan hoxe diversos medios, trátase dun erro lamentable, e non abonda para desculpalo co argumento de que non foi un acto organizado polo BNG nin pola Vicepresidencia ou que a súa denuncia forma parte da «campaña contra o nacionalismo». Por moito agarimo e simpatía que teñamos a Quintana, non podemos evitar que un esvarón deste tipo nos lembre unha cultura política que xa tiñamos esquecida. Mágoa que unha campaña electoral excelente como a que ven desenvolvendo Quin poida ter sido luxada por un erro tan lamentable como o cometido polos organizadores do acto de Oia. [O feito chama máis a miña atención por que as persoas maiores forman parte do centro do meu barrio.]

Marcadores:

9 Comments:

Anonymous Anônimo said...

O refrán castelán de tantas veces va el cántaro a la fuente vale para este caso. Por que non deixar dunha vez esta historia de reunir a un grupo de xente con bailes, boinas e bocatas incluidos para mitinear? Outras veces van sabidos e segue sendo bochornoso. Nesa dinámica o raro é que non sucedera antes.
Se serve para que se elimine esa obscena parafernalia que asociamos ao máis reseso do fraguismo de romerías mitineiras, benvido sexa o lamentable desfase.

9:31 PM  
Anonymous Anônimo said...

Os politicos sonche asi.Unha vez instalados no poder....xa se sabe.
O k pense/pensara k este "salvador da GaliZa" seria diferente, xa ve o k hai. O acto deleznable e xa non sei si denunciable, menuda "encerrona".Tanto criticar a Fraga....
A.C

11:25 PM  
Anonymous Anônimo said...

Hai disculpas k sobran, "meteu a zoca" e punto (ben se lle nota)
Si fose o PP?, arderia Troya
A.C
http://www.youtube.com/watch?v=IUTR2r_T80s&eurl=http://blogs.lavozdegalicia.es/campanamovil/

11:38 PM  
Anonymous Anônimo said...

Non e k me importe moito "kin". Pero e pera k o vexan so iso:
A.C

http://www.lavozdegalicia.es/especiales2009/eleccionesgallegas/2009/02/21/0003_7544460.htm

9:22 AM  
Anonymous Anônimo said...

En 1997, o BNG chegou case aos 400.000 votos, cifra que supuxo o 24,7% do electorado. O BNG subía como a escuma e chegaba aos 18 escanos. O seu líder era un tal Xosé Manuel Beiras. Por primeira vez na historia, o nacionalismo enchía pavillóns deportivos con aquel home barbudo que citaba a Sartre e proclamaba a República Galega ante milleiros de cidadáns que vían nel, sobre todo nas cidades, o líder natural da oposición ao fraguismo. Había ilusión. A revista Ajoblanco chegou a falar do espectacular triunfo dun novo concepto de cidadanía e rendíase ante a calidade intelectual dun político que daba unha imaxe de Galiza moderna e culta.

En 2009, o BNG forma parte da Xunta de Galiza e o seu apoio electoral continúa á baixa. O seu líder é un tal Anxo Quintana. Non cita a Sartre nin se lle ten escoitado falar con claridade de soberanía nacional, pero desvía ao Hotel Glasgow de Oia uns setecentos vellos, en contra da súa vontade, para pedirlles o seu voto para o BNG.
Que triste. Canta ilusión tiven no BNG, mesmo cando non tiña idade para votar, e que enorme desprezo me suscita agora o seu xeito de facer política.

1:03 PM  
Anonymous Anônimo said...

Aquí non hai disculpa que valla. É unha cagada en toda regra.

2:19 PM  
Anonymous Anônimo said...

Estou con Ana. Unha Quin-decencia.Estragaron un vello soño dun país moderno e culto e metéronse no estrume de cabeza. Polo menos os vellos que van ós mítines do PP poden bailar con Corina Porro.

6:36 PM  
Blogger Pablo Eifonso said...

Non entendo a mala conciencia co BNG. Manuel, isto non é un "esvarón" nin un erro. É unha compoñente esencial da práctica política dos partidos existentes. Para parasitar o poder é imprescindible facer cousas como enganar vellos: ás veces estes parásitos, chámanse Quintana, ás veces Fraga ou ás Veces Touriño ou Feixó.
Se queremos que esta aguda "crise" económica que sufrimos sirva canto menos para varrer a un gremio de políticos homologables entre eles e cuxo punto de unión é a apropiación da vontade popular para os seus intereses particulares, penso que debemos comezar por non dar como admisible que alguén cometa a máis mínima aberración democrática. E debemos reivindicar que quen a faga, que a pague, polo menos negándonos a admitilos no lugar de candidatos aos nosos votos.
Se este non é o momento da Política, sí con maiúsculas, non haberá, en moito tempo, máis que corrupción, arbitrariedade e, en último caso, barbarie.

P.S. POr outra banda, non sei de que nos sorprendemos: a utilización dos vellos polo goberno-BNG é unha práctica habitual dende o primeiro día no que se inventou "Vicepresidencia": claro que o baile dos vellos, xa o explicou Quin, era distinto con Fraga que con el. Con Fraga tratábase dunha brutal manipulación; con Quin, a rememoración dunha vella tradición galaica.

8:42 PM  
Anonymous clipping path said...

You actually make it seem really easy together with your presentation however I to find this topic to be actually something which I think I'd by no means understand. It kind of feels too complex and very extensive for me. I am taking a look ahead for your subsequent put up, I'll attempt to get the hold of it!
clipping path

11:25 PM  

Postar um comentário

<< Home