18.2.09

Un erro gravísimo de Feijoo

A cancelación do debate a tres por parte da CRTVG, obrigada pola estratexia de Feijoo, creo que liquida as posibilidades (escasas) do PP-G de obter a maioría absoluta. Sei que estes días a moitos nos entrou o medo no corpo diante da decepcionante campaña de Touriño, que moi pouco pode mobilizar aos indecisos progresistas a acudir votar. No obstante, o erro do equipo de campaña de Feijoo de forzar até o límite a estratexia dos debates a dous, devólvelle alento a Touriño, que pode coller un certo acougo. No entanto, como a votación non acade o 60% de participación, o bipartito (a pesar dos nobles esforzos e da boa campaña de Quintana) pódeo ter difícil. Quen dixo que as campañas electorais non servían para nada?

Marcadores: ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

A istas alturas da pelicula xa me da igual ken gane.Eu serei un dos da abstencion.Nin estos me van a arranxar nada, nin os outros tampouco.Sigo sendo pesimista encanto a o futuro se refire, non por min, sinon por as cargas familiares k teño. Por un momento pensei k a dereita poderia dar "confianza a o capital", pero xa me da igual.K gañe calkeira
A.C

9:35 PM  
Blogger albixoi said...

Como cidadán e votante de sempre de esquerdas, non me dá igual. O señor Feijoo amosou ben ás claras que o seu non é o debate. O seu é a manipulación da realidade. O non contrastar ideas. Unha vez máis amosa a ideoloxía rancia que ten o PP e que considera aos votantes como meros actores pasivos para conseguir o poder. Queren unha masa acrítica que non pense, non contraste, non compare. Pero este movemento de xadrez quizais, e se o pobo galego esperta, lle pase factura a este señoriño.

10:29 PM  
Anonymous Anônimo said...

O anónimo abstencionista non pode ser de esquerdas senón máis ben ese tipo de reaccionario esquerdista que non suma para todo seguir igual.

11:10 PM  
Anonymous Anônimo said...

Todo este proceso é unha merda, se queren por en evidencia a Feijoo que debatan eles dous. Non vexo cal é o problema, son duas opcions distintas.

5:23 PM  
Blogger bouzafria said...

Lamento moitísimo ( non sabe canto ) estar en desacordo con vostede, Sr. Brétemas:
Creo que xustamente a ausencia hoxe pola noite de debate favorece os intereses do P.P., que vai maximizar os seus apoios tradicionais e non se enfronta as evidentes contradiccións da súa mensaxe ( cómo esquecer tantos anos deles no poder, cómo xustificar a presenza de persoeiros do P.P. na mani de Galicia Bífida ).
Desexo equivocarme, pero teño para min que se as cousas seguen así imos ter de Conselleiro de Cultura a López Chaves.

11:51 AM  
Anonymous clipping path said...

It is perfect time to make some plans for the future and it is time to be happy. I have read this post and if I may just I want to counsel you few attention-grabbing things or advice. Perhaps you can write next articles regarding this article. I want to learn even more issues about it! clipping path

11:28 PM  

Postar um comentário

<< Home