16.2.09

«Se resides, decides»

Adherinme á plataforma «Se resides, decides». Velaí a declaración fundacional:
O pasado 12 de Febreiro foi constituída en Compostela unha plataforma cidadá que baixo o lema «Se resides, decides» traballará por conseguir a reforma en profundidade da actual Lei Orgánica de Rexime Electoral Xeral (LOREG, 5/1985) que regula o dereito de sufraxio e o seu exercicio.
A iniciativa aspira a dar resposta ao amplo sentir cidadán crítico coas manifestas eivas do actual sistema electoral, que recoñece dereito pleno a colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercício do dereito a voto –e todo o que ese exercicio leva aparellado– ao tempo que mingua, ou directamente nega, dereitos a colectivos que residen de forma permanente no país (mariñeiros, penados, inmigrantes).
Trátase como é sabido dun problema que a nosa sociedade arrasta desde hai moito tempo e que nos últimos anos adquiriu proporcións que dificilmente pode admitir unha sociedade que se reclama democrática.
Co seu lema, «Se resides, decides», a plataforma deixa claro que entende que o voto há de ser un dereito de residencia, non de sangue e, nese sentido, traballará para que o exercicio dese dereito sexa recoñecido de maneira efectiva a todas as persoas que residen de forma estábel e permanente na nosa comunidade. Traballará asi mesmo para que os dereitos que se recoñezan ás persoas de orixe galega que residen de maneira permanente no estranxeiro se regulen de acordo con esa situación.
A plataforma prevé desenvolver a sua campaña en duas fases ben diferenciadas.
Na primeira, que culminará o 1º de Marzo, dirixirase a todos os partidos e coalicións que presentan candidatura a estas eleccións para os instar a adquiriren o compromiso público e firme de iniciar, imediatamente a seguir a constitución do próximo Parlamento Galego, todas as xestións que estean ao seu alcance (tanto no ámbito autonómico como no estatal) para que a LOREG de 1985 sexa imediatamente derrogada.
Na segunda, a plataforma traballará para que a nova lei contemple as súas reivindicacións, que cré son compartida pola esmagadora maioiria da sociedade galega. Nese sentido, actuará perante os poderes públicos e realizará unha ampla campaña de sensiblización social.
En breve, a plataforma dará a coñecer o enderezo da sua páxina web que estará aberta a todas aquelas persoas e colectivos que queiran prestar o seu apoio á iniciativa.
Compostela, 14 de Febreiro de 2009

Marcadores: ,

8 Comments:

Blogger torredebabel said...

Considero que o pobo galego non remata nas fronteiras da terra nin no mar. Que non por nada a historia da Galiza está atravesada pola emigración. O pobo galego está espallado polo mundo adiante e se Galiza quere vivir nun sistema democrático, entón todo o pobo galego terá que votar, porque iso é a democracia: o goberno do pobo. Pola contra, un sistema onde so pode gobernar unha elite (por criterios xeográficos coma este -que rexeita unha particularidade histórica da nosa terra-, por criterios nobiliarios, por criterios económicos ou calquera outro) non é mais cunha aristocracia. En todo caso, penso que estes reduccionismos abren un camiño espantoso que a humanidade ben coñece: hoxe votan os que residen, mañá os que pagan impostos, e mais adiante só os ricos ou os blancos ou os homes.
Moito sinto que xentes ás que admiro fondamente non distingan que as fendas do sistema de votación en vixencia son unha cousa e a democracia do pobo galego é ben outra.

9:30 PM  
Blogger Brétemas said...

Amiga Torredebabel, sei que o tema é moi complexo. Na Galicia interior hai un enorme desconcerto pola cuestión de como está medrando o CERA e como está regulado o seu voto. A situación é moi paradóxica. Póñoche un caso: un meu irmán desprazado en Cataluña dende hai tres anos, non pode votar en elección ningunha na circunscrición galega. Porén, un meu tío, emigrado hai cinco décadas no Brasil e os seus fillos (algúns nunca viñeron a Galicia) poden facelo. Creo no principio de galeguidade, mais vexo incongruente o procedemento como está regulado o dereito de voto. A nosa iniciativa non pretende privar dos dereitos de cidadanía a ningúén, madia leva!, mais si de introducir este debate para que se solucionen estas eivas do actual sistema electoral. Creo que é perfectamente posible regular os dereitos de voto tanto dos cidadáns que residen de forma estable en Galicia como aqueloutors que residen de forma permanente no estranxeiro.

9:55 PM  
Anonymous Anônimo said...

Tremendo erro histórico, ou restos do piñeirismo mental que herdou o nacionalismo galego.

CERA Censo de ESPAÑOLES residentes ausentes.

Instituições espanholas, leis espanholas...

Não nego que haja qe reformar o sistema, mas potenciando sempre a gelguidade por riba de qualquer circunstância política da atual.

Se resides em ESPAÑA, Votas em ESPAÑA

Esse lema é um insulto para muitos de nós.

9:58 PM  
Anonymous Anônimo said...

É complexo, é. Mas acho que não mediram as consequências dessa política que iniciam.

Eu há tempo escrevi isto:

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3894

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3906

Ernesto Vázquez Souza

10:06 PM  
Anonymous Anônimo said...

Unha pregunta a istos dous anonimos
ese idioma en k escriben vostedes e portugues ¿non?
A.C

10:19 PM  
Anonymous Anônimo said...

Que decepción, Manuel! :-( Imaxino que en sintonía co que asegura a plataforma de que os galegos do exterior non teñen máis vencello coa terra co voto, deixaredes de vender libros de Xerais aos galegos do exterior. Ou?

(Desculpade se sae publicado varias veces pero semella non me aceptar o OpenID)

4:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Di Manuel: "A nosa iniciativa non pretende privar dos dereitos de cidadanía a ningúén, madia leva!, mais si de introducir este debate para que se solucionen estas eivas do actual sistema electoral."

Pero que debate pensades abrir partindo de xeralizacións tan demagóxicas e inxustas coma esta: "colectivos que residen no exterior e cuxo único vínculo co país consiste precisamente no exercicio do dereito a voto"? E penso que do que se publica da plataforma si se deriva que queredes quitar o dereito a voto aos non residentes: "se resides, decides". Por lóxica elemental, estades dando por suposto que "se non resides, non decides".

4:54 PM  
Anonymous clipping path said...

Thank you, I've just been looking for info about this subject for ages and yours is the greatest I have found out till now. However, what about the conclusion? Are you certain about the supply?|What i don't understood is if truth be told how you are not really much more well-appreciated than you might be right now. You're very intelligent.
clipping path

11:29 PM  

Postar um comentário

<< Home