24.2.09

«Rosalía 21»

Hoxe é «Día de Rosalía», conmemoramos o 172 aniversario do nacemento da nosa poeta primeira. Con este motivo aparece Rosalía 21, o libro colectivo de ensaios do proxecto multiartístico coordinado por Anxo Angueira. Un libro ben fermoso para unha data que non debe pasar desapercibida.

Marcadores: , ,

3 Comments:

Anonymous Pedras medievais en galego said...

No adro da igrexa de San Estevo de Perlío, utilizada agora como un mesado no que aparecen restos de sangue e pegados de zapatos e de cinza, hai unha lauda medieval, a piques de romper, coas labras en galego. As inscricións, en letra gótica, aparecen no lateral que aínda non foi destrozado polo cemento, e nelas lense claramente que o que titular era señor da casa de andra(¿de?) e que finou no ano de mil (???)
A parte superior da lauda, tamén con inscricións en letra gótica, comeza a ser ilexible, ante o uso ao que está sometida tras ser sacada do interior do templo.
Está apoiada sobre o que parecen ser fragmentos doutras laudas que foron fragmentadas para facer as patas do mesado.
A un par de metros dela hai outra lauda, sen grafías perceptibles, que ten no seu centro unha cruz aparentemente gremial.
Requírese unha actuación urxente.

7:28 PM  
Anonymous lorena said...

paréceme moi ben que lle dediquen un libro no aniversario da nosa poeta Rosalia de Castro, xa que é moi importante na nosa cultura galega. Nós, como galegos deberiamos de estar moi agradecidos por este novo libro e deberiamos de dar as grazas por todo o que fan para promover o galego. GRAZAS!

11:00 PM  
Anonymous Anônimo said...

свежие фото девушки

5:55 PM  

Postar um comentário

<< Home