8.2.09

Rotundo fracaso de Galicia Bilingüe



Fotos Manuel Vilas (A Nosa Terra). [Moitas grazas]
Reunir só dúas mil cincocentas persoas ou, segundo fontes policiais, sete mil (a pesar de traer autobuses de fóra de Galicia e contar co apoio mediático de Rosa Díez) é un fracaso rotundo da manifestación de Galicia Bilingüe. A «posición Corina», asumida pola dirección do Partido Popular de Galicia, levou a que despois de case dúas décadas de contención os conservadores galegos camiñasen en público da man de sectores fascistas e de ultradereita enarborando a bandeira española. Un erro clamoroso do PPG que, en plena campaña electoral, volve situarse nas posicións rancias da vella AP. U-lo centro político onde Alberto Núñez Feijoo quere recuperar a maioría? Mágoa que a dura actuación policial sobre os independentistas que defendían a lingua agache nos medios este enorme fracaso de Galicia Bilingüe. Como moi atinadamente valora o comunicado emitido hoxe pola Mesa pola Normalización Lingüística esta escasa afluencia á manifestación supón un «enorme batacazo» tanto para os convocantes como para o Partido Popular que co seu apoio visualiza a ruptura do consenso lingüístico. Un fracaso que pon ás claras, tamén, o desinterese da maioría abrumadora da cidadanía galega por estas posicións intolerantes contra a lingua galega cada vez máis identificadas cos prexuízos de clase de sectores da pequena burguesía urbana. A desfeita que supón esta semente de división social, inevitablemente, conleva de forma inmediata unha enorme dificultade para acadar consensos futuros e anuncia que os dous temas centrais da campaña electoral serán (quen o díría hai uns meses?) a crise económica e o futuro da lingua.

Marcadores:

25 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Eu son moi burro, pero non será galegófobos e castelanófilos?

9:43 PM  
Blogger Brétemas said...

Grazas, é unha incorrección. Corríxoa.

10:01 PM  
Blogger Mario said...

De todos xeitos, non caiamos nas tácticas divisorias da prensa. Non os detiveron por ser independentistas (faltoulles poñer "radicales"), senón por defender o galego. Do mesmo xeito que bateron, intimidaron e aldraxaron a moita xente só por sacar cartaces ou tocar chifres (non por ser independentistas, que iso, até onde sei non se nota na cara).

O de hoxe foi absolutamente vergoñento, despois dirán que están para defendernos a todos, da neutralidade e da despolitización...

10:40 PM  
Anonymous Anônimo said...

Tachar de "fascismo" esa manifestacion en democracia, parece como pouco obsceno.Agora ata son fascistas os socialistas.E k naide se ekivoke,serian poucos, ou moitos, pero representan a un 50% da sociedade galega k por uhnos motivos (desidia) ou outros (medo)no asisten a esos eventos.O pouco k vin na tv, eu so vin xente normal, e moitos con nenos pekenos.Podese estar de acordo ou non, pero "da man de sectores fascistas e de ultradereita enarborando a bandeira española" pareceme esaxeradisimo, pouco obxetivo, tendencioso, e partidista
PD: E cando digo "medo", e por k como se ve hai k empezar a telo.Como cando o frankismo "oir ver e calar" A.C

10:54 PM  
Anonymous Anônimo said...

Á manifestación acudiu, entre outros grupos a Falange, así que si, "da man de sectores fascistas e de ultradereita enarborando a bandeira española". Non é esaxerado, é a puta verdade.

E o de que representan ao 50% da sociedade galega, cando nin sequer conseguiron o apoio de todos os sectores do PP.... voume rir, que é máis sano.

A.C., ti de que guindo caíches?

11:04 PM  
Blogger Veloso said...

Mete medo ver o fato de policías perfectamente preparados para saltar sobre os da divertidísima contramani. Aquilo que cantaba Sabina hai máis de vinte anos, muchamuchamuchapolicía, ten ás veces unha triste actualidade.
Por certo, sr. Brétemas, que opinión lle merece a reflexión que fai hoxe o sr. Rey Fernández-Latorre na Voz. Eu estou aínda tan abraiado que non dou reaccionado. Este home quere estar con Deus e co demo ao mesmo tempo.
Un saúdo.

8:40 AM  
Anonymous Anônimo said...

Ao respecto da manifa, non vou perder un segundo nela. Respecto do últiumo comentario, verbo do editor de La Voz de Galicia, só penso no diferente que sería este país se os seus intereses coincidisen cos da empresa do señor Rey Fernández-Latorre. Cando non é así xa se sabe: tema eólico (ninguén lembra a posición da Voz hai unha década; monte Gaiás, porto exterior de Arteixo (hai silencios moi sonoros) e o que vostedes queiran que cheire a nacionalismo. O de onte paréceme un insólito exercicio de quitarse a careta por parte deste señor.

10:43 AM  
Anonymous Anônimo said...

Catro cousiñas:
1.- Nengún respecto para quen usar a violencia. E isto vale para os que chuzaban á policía e para os que foron á contramani.
2.- Galicia Bilingüe é unha organización que procede do españolismo máis reseso. Calquera que fale con eles dase de conta de que odian todo o que sexa galego e por suposto serían felices se nacesen en Madrid ou polo menos en León ou Burgos.
3.- O PP dá síntomas dun proceso de destrución moi fondo: os problemas coa xustiza, as liortas internas, caer nas mans dos curas, o rexeitamento da memoria histórica e, por suposto, este españolismo son a mostra de que outra vez agroma neles o franquismo que Fraga (!!!) quixo soterrar.
4.- Rosa Díez vén do PSOE, non do PP. Ninguén debería ter dúbidas de que onte había en Compostela votantes do PSOE aos que representan individuos tan lamentabeis como Méndez Romeu, Paco Vázquez ou López Orozco, persoaxes para quen España está sempre moito por riba da xente, o noso idioma ou os nosos setores produtivos.

11:56 AM  
Anonymous Anônimo said...

Con ver as fotos ( e non vin tantas) xa me chegou para identificar algúns fascistas coñecidos dende a época da transición. Algún polo que se ve non saíu moi ben parado.

12:17 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu pregúntome. Que fai a Rosa Diz metida a declararse contraria a Nosa Lingua? Que fai toda esa xente defendendo o indefendible? O Idioma Galego, están a utilizalo como arma política. Unha arma que vai contra deles, ao se lle caer o disfraz co que intentan disfrazala.
A. O.

12:50 PM  
Anonymous Anônimo said...

Outras tantas cousas:

1) O discurso de "violencia non" é precioso e super enrollado. O problema é que se traga todos os matices das situacións concretas. Quen estivese alí, ou quen vexa o video pode ver o gratuíto das agresións das forzas da "orde", dende os paus aos ridiculistas (que só estaban cantando) ata as brutais detencións ao grupo de independentistas que só elevaba faixas e carteis. A partir de aí comezou a violencia, ou a resposta á violencia. E síntoo por quen lle guste poñer o outro lado da cara ou teña saudades de hippy, pero a algúns de nós ensináronos a non quedarnos con elas e non deixar que nos dean impunemente aínda que as forzas sexan (que senpre son) tan desiguais.

2) Que haxa membros do PSOE ningén o pon en dúbida. A fin de contas, os GAL foron unha creación do PSOE e moitos aínda lembramos que antes do cordial Zapatero existiu un sinistro Felipe González coas súas leis de patada na porta ademais de peculiares derivas españolistas, e que esa tendencia (Bono, Ibarra, Paquiño) aínda pervive no partido. Outra cousa é que sexan catro frikis. Que o son.

3) Sen entrar en valoracións numéricas, a mani de GB sobordaba un pouquiño a praza de Praterías (a máis pequena das que rodean a catedral). Un rotundo fracaso, sobre todo se contamos que viña xente de fóra (a AVT e o foro de Ermua, que non sei que pintaban alí, ou se cadra si que o sei). Teño visto concentracións de gandeiros moito máis numerosas.

4) Se GB representan o 50% da poboación que por medo ou desidia fican na casa, eu creo que a mani dos independentistas representa o 95%. O que pasa é que moitos independentistas, por medo ou desidia fican na casa. A fin de contas está visto quen leva os paus e quen debería ter máis medo. Un aplauso para os argumentos acientíficos (ou contraobxectivos).

5) É certo que había falanxistas. Pero o peor é que foron escoltados e protexidos pola policía.

http://gzvideos.info/contramanifestacom-em-defesa-da-lingua/

1:37 PM  
Anonymous Anônimo said...

Ai si, señor A. C. Dicir que "Hai que empezar a ter medo coma no franquismo" supón afondar no intento de que vexamos o mundo ao revés. Talmente como iso de que "el castellano corre peligro en Galicia" e demais delirios. Se alguén ten que ter medo seríamos as persoas galegofalantes, que vemos como se incrementa a violencia (a verbal e a soterrada) cando empregamos a lingua fóra dos guettos permitidos.

2:13 PM  
Anonymous Anônimo said...

Cando o sabio sinala a lúa...

Seica os 3000 manifestantes largos convocados por GB NON SON NOTICIA.

Eu non escoitei a niguén 'cuestionar o uso do galego'...

Eu sí escoitei falar EN GALEGO ós responsables de GB dende a tribuna na Praza da Quintana ateigada en 3/4 partes da súa extensión (3000 persoas tirando polo baixo supoño que habería alí baixo a choiva que tamén é mala pata... se houbera saído un día de Sol radiante veríamos onde se metían os coarenta 'mártires' da causa 'independentista'...?

Moi boa a comparsa de benvida na Alameda... alegraron o día entonando o Himno Nacional Español e sacaron á rúa os mellores deseños de Bandeira Española (con touro incluído) e á fronte da comparsa un elegante bispo falanxista co brazo en alto...

Gracias pola coreografía franquista que tanto botan de menos aqueles que hoxe practican a Imposición Lingüística por Decreto!

Seica que con Franco -eles- vívían mellor...?

Enténdaseme ben, vívían mellor nun sistema TOTALITARIO, pois daquela a súas estratexias e consignas AUTORITARIAS colaban mellor, xa que non podía haber ninguén expresando 'libremente' o seu disenso cidadán...

Nótase que os pobres ilusos están acostumados a seren os DONOS DAS RÚAS... e moléstalles sobremaneira que nesas mesmas rúas maniféstense cidadáns que pensen distinto ou simplemente que PENSEN !

Nunha palabra, Galicia dixo basta de 'tomar o pelo' á cidadanía con políticas lingüísticas que van máis aló do que a DEMOCRACIA permite e aconsella...

Na Quintana falouse GALEGO e ESPAÑOL... os dous idiomas que Galicia comprende dende sempre e que fixeron deste pobo unha Nación polo Mundo Adiante...

¿E senón a qué carallo van a predicar todos a SurAmérica?

¿A buscar votos entre galegos de terceira xeración que na vída pisaron esta Terra?

¿ En que idioma falan na Arxentina, ou no Uruguay...
acaso alá o Bilingüísmo NON É Españolismo ?

QUEREMOS ELIXIR, QUEREMOS LIBERDADE !

Esta é a noticia. O resto, anécdotas de mal gusto agás a comparsa da Alameda que sen dúbida puxo unha nota de HUMOR na mañán fría e chuviosa de Santiago.

GALEGOS E GALEGAS SOMOS TODOS!

4:51 PM  
Anonymous Anônimo said...

40 independentistas? Vos si que non teriades onde metervos se non tiverades toda a cidade chea de policía a defendervos. Se só na concentración de diante da comisaria xa había case máis xente que na vosa pobre manifestación, e iso sen contar cos buses que chamastes do estranxeiro.

Normal que se falase español e galego, aver como vos entendiades cos que viñan de fóra, que eran máis da metade. Os mesmos que se ven nos videos tirándose a fostiar á comparsa da Alameda (a que tamén bateron) ou os que lle bateron a un rapaz que só estaba manifestándo a súa discrepancia coas vosas consignas fascistas. (si, ese heroe/lexionario de cristo rei que acabou cun ollo morado, vede o video completo).

¿Qué se sente camiñando da man da Falange?

Galegos e galegas somos todas, nós cando nos manifestamos non temos que traer buses de Euskal Herria ou Catalunya. Sobrámonos co que somos e sobrámonos para dar conta de vos.

SEN PISTOLAS NON SODES NADA.

5:07 PM  
Anonymous Anônimo said...

Señor anónimo que di:cando o sabio sinala a lúa...querería facerlle unha pregunta. Que se póde facer con funcionarios da xunta de Galicia que boicotean e se negan a cumprir unha orde da Consellería de Educación que tenta aplicar un decreto de normalización lingüistica que aprobou o Parlamento de Galicia? Ou é que hai algúns exentos de cumprir as leis? Vde que ve incivismo en todo non sei que opinión terá sobre o particular.
Lémbrolle ademais que dende a morte de Franco os unicos expedientes , sancións e desterros que se aplicaron a ensinantes neste país foron aos que pretenderon dar as súas clases en galego. Ningún aos que pretenderon facelo en castelán incumprindo a lei.

7:05 PM  
Anonymous Anônimo said...

o dito, a partir de agora, "oir ver e calar".As cousas poñense feas e mais k poñeranse con esta recesion economica.Ata agora todo era "jauja", xa veremos como acabamos.
A.C

11:23 PM  
Anonymous Anônimo said...

O discurso de A.C., como o de grande parte da xente de dereitas é un discurso do medo. Medo a perder os privilexios, medo a que a xustiza tome o lugar da arbitrariedade, medo ás revoltas, a levar toda a vida educando aos fillos nunha lingua que non lles vai servir para nada e nuns valores que son rexeitados en masa pola sociedade. Medo a que todos descubramos que o seu discurso e a súa chulería é porque se están cagando co medo.

Xa sabe o que lle queda, amigo coruñés. Oir, ver e calar. Aínda que tamén pode saír correndo, que é o que lle debe estar a pedir o ánimo.

12:11 AM  
Anonymous Anônimo said...

Eu non fago ningun dscurso, so opino amigo anonimo.E claro k teño medo,"o k ten cú ten medo", e tamen pa sair correndo si fai falta.Xa corrin diante dos "grises", sei como facelo.Pero non se olvide, k como decimos no chollo: "sempre oubo ricos e pobres", por desgraza tocame estar do lado dos pobres.
O resto, retorica, nin son de dereitas nin vivo da politica, nin defendo poltronas de 2000€.So kero sobrevivir.
Como diria o outro, "sin acritud": Sorte pa todos k falta nos vai facer

1:42 AM  
Anonymous Anônimo said...

Moi bonita a foto.... Ana Pastor coas súas borregas.

Que esperpento!

10:13 AM  
Anonymous Anônimo said...

Pero k poukiña educacion e canta falta de respeto por a xente k non pensa o mesmo.Dende logo a os meus fillos sobralles a EpC, xa aprenden respeto e educacion a os demais na casa, como me enseñaron a min meus pais.Leendo o K leo aki de algunhs, k se supoñen "lectores e intelectuais", eu k son un obreiro, pasmome.

11:31 AM  
Anonymous Anônimo said...

http://incomunidade.blogspot.com/2009/02/o-franquismo-no-sec-21-chama-se.html

5:36 AM  
Blogger Unknown said...

Non sei esta mensaxe estará fora de lugar. Se así é pedímosche desculpas de antemán. Só queriamos propoñerche, se estás farto e canso do de sempre, que visites esta páxina:

Gran Circo Galego

7:10 PM  
Anonymous clipping path said...

I do consider all the ideas you have introduced for your post. They are really convincing and can definitely work. Still, the posts are too short for newbies. May just you please extend them a little from subsequent time? Thank you for the post. clipping path

11:42 AM  
Anonymous Clipping Image said...

Foi moi interesante ler! Estou ansioso para os seus próximos posts!)

1:20 AM  
Anonymous Best face wash for men said...

Nice article!!

7:42 AM  

Postar um comentário

<< Home