23.4.05

Reflexión sobre a blogosfera

Rogerio colgou onte unha longa reflexión sobre a blogosfera que, sen dúbida, será do interese paralaboral de Cesare. Interesaralle, tamén, o estudo sobre os blos en Portugal (con certeza que xa o manexou).

Marcadores:

2 Comments:

Blogger Martin Pawley said...

Eu nunca dou entendido esa teima contra o anonimato nos blogs, que a algúns parece molestarlhe moito, como se restase "credibilidade", feito que mais ben dependerá das cousas que se digan e de como se digan (por poñer un exemplo, J.J.Calaza falando de Einstein carece dela, asine co seu nome ou cun seudónimo). Non será que hai quen non está disposto a tomarse a molestia de ler o que algunha xente di, para saber se teñen razón ou non? Non será que algúns preferirían que só escribisen "os da boa estirpe", porque así deles poderían fiarse sen facer o esforzo de reflexionar sobre o que din?

3:25 AM  
Blogger Rogério Santos said...

Prolonguei a minha reflexão hoje - quando há outras atracções a decorrerem na cidade, como a Festa da Música (com Beethoven), e o IndieLisboa (festival de cinema independente) - com a leitura da BusinessWeek, em artigo que merece ser lido na totalidade. Os blogues estão a começar a entrar no mundo dos negócios!

7:31 PM  

Postar um comentário

<< Home