17.10.05

Andeis, frigoríficos, camas...

Vía Rogerio coñezo hoxe tres iniciativas na blogosfera portuguesa para voyeurs discretos: Estantes & Leituras, O meu frigo e A minha cama.
Gotinha propón que compartamos a fotografía do noso frigorífico xa que para ela "se a nossa roupa diz un pouco quem nós somos, o frigorífico tamén o deve fazer!". Pola súa banda Jacky propón un blo onde cadaquén envíe unha fotografía dos andeis da súa bibliotecas ao tempo que comente as súas lecturas preferidas. A mesma Jacky anima A minha cama, cunha proposta voyeur semellante, desta volta propoñendo que ás fotografías se acompañen con comentarios sobre "modos de durmir e sobre sonhos" (sic).
Se non abondase e tirando do fío atopo outros fotoblós temáticos portugueses desta mesma fasquía coleccionista: a Minha Sanita, Roupeiro, A Minha Secretaria, As Minhas Cuecas, O teu Sofá, O meu animal, Soportas, ...
Non atopo palabras.

Marcadores:

2 Comments:

Blogger Gotinha said...

Fico à espera da foto do teu frigorífico... ainda não tenho nenhum de Espanha!
;-)

12:52 AM  
Anonymous Anônimo said...

En Cocinalia comentan a iniciativa dun grupo de Flickr Ra! Ra! Cookbooks de facer unha coleccion de imaxes de libros de cociña.

1:08 PM  

Postar um comentário

<< Home