12.10.05

Podemos ler outra prensa?

Co que está chovendo estes días, semella máis necesario ca nunca ler, tamén, outra prensa. Para poder conformar un criterio máis rigoroso, e a pesar das súas diferenzas ideolóxicas, eu visito, sempre que podo, algúns medios editados en Barcelona. Non está de máis comparar as opinións que sobre o Estatut e a visita de Ibarra a Zapatero aparecen hoxe en El Periódico ou en La Vanguardia con esta e estoutra. Por riba, se adoptamos este sano costume de non acudir só á prensa madrileña, poderemos gozar coa lectura de "La Contra" , unha das seccións máis orixinais e sorprendentes da prensa en papel que se publica cada día en España.

Marcadores:

3 Comments:

Blogger mourullo said...

Si, pódese. E se non se fai máis, nos tempos de Internet, é porque non se quere. Podo entender ollar primeiro para os diarios galegos, pero despois hai vida máis aló do "llueve en la Castellana, diluvia en toda España".

1:47 PM  
Anonymous Anônimo said...

A priori e a posteriori, interésame máis o asunto este do sexo taoísta, que o coñazo da reforma dos estatutos e da constitución.

Non será que, no fondo, o problema estriba en que os políticos andan mal follados, e que todos somos políticos en potencia [sic. polo de "potencia"]?
Non será que a España eterna ten "mala follá", e que a España plural o que quere é ser taoísta pero non sabe como logralo?

Sex & Money & Power, todo está relacionado, pero moi mal relacionado.

5:28 PM  
Anonymous Anônimo said...

A "La Contra" de La Vanguardia déronlle un premio hai pouco. Son entrevistas moi xugosas e fóra da rutina xornalística habitual. Dignas de coleccionar.

6:24 PM  

Postar um comentário

<< Home