5.11.05

O futuro das Industrias Culturais

O profesor Rogerio Santos ofreceu unha documentadísima conferencia, no inicio da segunda xornada do Simposio, sobre o impacto das Novas Tecnoloxías sobre as Industrias Culturais. Foi moi de agradecer que Rogerio analizase o concepto de Industria Cultural, a partir do concepto acuñado por Adorno ("a mercantilización da cultura, a través do desenvolvemento tecnolóxico") e os seguidores da Escola de Frankfurt, establecendo unha distinción moi oportuna entre os conceptos de "mercadoría cultural" e "cultura de fluxo", tamén acuñados por Zallo, como "edición discontinua" e "difusión continua". Na miña opinión, tamén, foron relevantes as súas análises sobre os diferentes modelos empresarias das industrias culturais (e o impacto das fusións sobre o emprego), os conceptos de "cadea de valor" e de "Industrias Creativas" e a súa contribución ao PIB (4% en España, 10% no Reino Unido), ou da diferenza entre orixinal e copia.
Rogerio propuxo as seguintes conclusións:
1. As Industrias Culturais mudan o coñecemento que temos do mundo, pola información que nos achegan.
2. Por mor da dixitalización produciuse unha rápida transformación da estrutura dos negocios das diversas Industrias Culturais.
3. As Industrias Culturais son hoxe actividades económicas fundamentais para a a vida produtiva dos países.
4. Hoxe existe unha mestura entre os conceptos de "orixinal" e "copia". Non existen diferenzas entre eles, o que require a construción dun novo edificio legal para abordar a cuestión dos dereitos de autor.
5. Algunhas Industrias Culturais pretenden combinar nos seus catálogos produtos máis rendibles con outros de menor audiencia para manter a súa lexitimidade.
6. Nas Industrias Culturais é imprescindible a asociación de innovación e risco.
7. Internet configúrase hoxe como un espazo de resistencia.

Marcadores:

1 Comments:

Blogger Rogério Santos said...

Obrigado pela referência à minha comunicação e ao modo simpático como eu fui convidado e tratado. Foi um grande prazer ter estado em Santiago de Compostela.

10:49 PM  

Postar um comentário

<< Home