Libros á rúa
Sabía desta veterana campaña Libros a la calle promovida por editores e libreiros madrileños (dende hai oito anos), e apoiada por empresas de transportes públicos e administracións da Comunidade e Concello de Madrid. A presenza e a calidade da de 2004 é mellor do que agardaba: en cada vagón do metro ou en cada autobús aparecen pegadas páxinas ilustradas (tamaño A-4) de diferentes fragmentos literarios de máis dunha decena de autores. "Non te quedes na primeira páxina", "Ler fainos felices (e máis libres)", "Ningún día sen poesía" son reclamos para achegar a lectura aos usuarios do transporte público, que no seu traxecto poden ler anacos de textos de Ángel González, Galeano, Luis Mateo Díez ou Ignacio Martínez de Pisón, entre outros autores. Son consciente das limitacións destas campañas publicitarias, só unha pequena parte dos Plans de Promoción da Lectura; porén, creo que son imprescindibles para visibilizar o libro na sociedade e para desmontar o prexuízo de que a lectura é unha actividade que require espazos especializados. Sen dúbida, non hai lugares mellores que outros para ler; cada cidadán debe poder exercer o seu dereito á lectura onde mellor considere (no metro, no autobús, no parque, no café...).
Teño insistido en que este tipo de campañas de promoción popular da lectura deberían ser emuladas en Galicia. O seu custe non é moi elevado, a implicación das empresas privadas e das administracións públicas sería un modelo que proporcionaría prestixio ao libro galego, e, por riba, a repercusión social sería, seguramente, moito máis grande da agardada. Libros galegos á rúa.
Teño insistido en que este tipo de campañas de promoción popular da lectura deberían ser emuladas en Galicia. O seu custe non é moi elevado, a implicación das empresas privadas e das administracións públicas sería un modelo que proporcionaría prestixio ao libro galego, e, por riba, a repercusión social sería, seguramente, moito máis grande da agardada. Libros galegos á rúa.
Marcadores: Cidades, Libro, Promoción do libro
3 Comments:
Boa campaña.
Puxeron un poema de rosalía e un fragmento de manuel rivas. Ademais, tiveron o bo gusto de poñelos nas dúas versións: orixinal en galego e traducción ao castelán.
Iso mesmo quería comentar eu. O ano pasado reparei nun poema de Rosalía en pleno metro de Madrid.
Non sei se na campaña deste ano tamén haberá representación galega, pero a verdade é que o ano pasado quedei bastante impresionado pola iniciativa.
Sabía o de Rivas e Rosalía de edicións anteriores. ë unha pasada ler textos en galego nos vagóns do metro de Madrid. Este ano non hai galego ningún.
Postar um comentário
<< Home