1.11.05

Produtores de odio

Avenida Castellana, 31 de outubro de 2005
Os produtores de odio traballan a eito nalgunhas zonas céntricas de Madrid. Afortunadamente estes carteis insidiosos son combatidos por outros madrileños demócratas e solidarios. Cara ónde quere levarnos esta dereita española irresponsable e mentirosa?
Fronte estes produtores de odio ofrezo os versos de Manuel Rivas:
Madrid de outono, / capital mesterosa dun imperio / de colleiteiros de follaxe.

Marcadores: ,

3 Comments:

Blogger Gonzalo G. Barreñada said...

Pois que pouca cousa sería Madrid sen o que ten arredor, e mesmo nas entrañas! Non se dan de conta... ou si, o que é peor. E o parvo de Rajoy brindando con cava, como para acalar rancores... Ay, si...! Os rancios que apañen polo Nadal con sidra achampanada ou con espumoso de importación, no caso de querer fachendear de poder adquisitivo; e ollo, ambas as dúas cousas tampouco se producen na capital.

Que perigo teñen estes fachas, que perigo! Non lles debiamos facer concesión ningunha.

10:49 PM  
Anonymous Anônimo said...

ollo, o mal meseteño xa estaba presente no ensanche burgués "curuñés" desde hai xa un par de meses (rua Juan Flórez, v.g.), pero claro, andan os aires de Marineda moi revoltos e españois ultimamente. Dígocho eu, que saúdo ao bandeiron 4 veces ao día.

7:52 PM  
Anonymous Anônimo said...

ai, anonymous, ¿e logo non che pagaba a pena ir dá-la volta polo Parrote? ¡ai non, que por alí ten a casa pako!

12:47 AM  

Postar um comentário

<< Home