5.6.06

Blúmsdei

A vindeira semana aparecerá nas librarías Blúmsdei o novo libro de Cid Cabido. A pesar de que o autor prefire que nos seus libros non aparezan nin paratextos nin currículums (o libro aparece espido, só co título e apelidos do autor), transcribo a presentación que acabo de preparar para os medios:
"O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada do 31 de maio de 2005, ofrecendo un texto ininterrompido de 127 páxinas que comeza coa seguinte frase: “A sociedade é unha especie de cona enorme con dentes de tabeiron”. Afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os constantes cambios de rexistro idiomático, o autor apostando por liñas de literatura de investigación, ofrece como fío principal dun texto, que carece de argumento, o decorrer do seu blúmsdei particular na paisaxe do Morrazo. A oralidade (escribir exactamente como se fala) como ruptura coa ficción convencional, considerada como un paternalismo do autor cos lectores; e a consideración do autor como un ser humano que expresa a súa visión da realidade, caracterizan este texto de Cid Cabido, inserido nas liñas de vangarda da narrativa contemporánea. Unha clara volta ás orixes da literatura concibida como expresión artística e vía de coñecemento".
Etiquetas: , ,

Marcadores: , ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

¡Un novo libro de Cid Cabido! ¡Xa lambo os beizos! ¿E logo non era boa cousa que aparecese xusto o 16 de xuño?

12:30 AM  
Anonymous Anônimo said...

xD creo que é o libro máis sincero escrito na nosa lingua. un escritor sen máscara. comecei a lelo hoxe. son unha privilexiada!!

12:44 AM  
Anonymous Anônimo said...

Non sei...con ese comezo...a verdade non chama moito ese derroche de imaxinación.
Ser basto non ter porque encadrarse directamenet no experimentalismo...digo eu.
Ci cabido, a min a verdade resultame aburridisimo. Non ten xeito e polo que de Bretemas desta novela...nin probala, farto de tanta oralidade, de tanta conalidade.
Eu quedo no oral con Celine.

12:43 PM  
Blogger folerpa said...

Xa ía sendo hora. Unha nagnifica nova para as nosas letras.E agora coma engado sempre só falta que Malvar volva ao rego e de sinales de vida.

12:55 PM  
Anonymous Anônimo said...

Cid Cabido é un "outsider" da nosa narrativa, así que nunca se sabe sobre que branco vai apuntar e, polo tanto, se vai acertar de pleno ou perpetrar o asasinato de celulosa inocente.

Desque lea confirmarei opinión, pois apostar antes nun ou noutro sentido é arriscado.

1:56 AM  

Postar um comentário

<< Home