17.11.07

A visibilidade do libro galego

A mesa redonda sobre "A visibilidade do libro galego", coordinada por Celia Torres e na que participaron Francisco Novo, Ramón Reboiras e Luís Ventoso foi das máis polémicas do Simposio. A crónica moi completa de Galicia hoxe expresa boa parte dos argumentos e das valoracións expresadas polos participantes. Unha peza que debe quedar arquivada no blog.
Etiquetas:

Marcadores: ,

5 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Non sei se foi por casualidade, por problemas de axenda doutros invitados ou por pura provocación dos organizadores, pero manda truco levar xente xustamente da Fnac e da Voz de Galicia para falar da invisibilidade do libro galego!

9:26 PM  
Anonymous Anônimo said...

jajaja... coincido con mobby. aínda q seguramente por iso, por poñelos nun apreto, foi máis interesante a mesa redonda.

9:08 PM  
Anonymous Anônimo said...

Si. Ten graza o do FNAC, porque teñen máis libros á venda en francés ou en inglés ca en galego.

Con todo, aínda hai cousas peores: por exemplo, librerías coa típica sección (co seu rótulo) de "Gallego", case sempre situadas aló no fondo do local, onde dá menos a luz (non vaia ser que a xente se aficione a ler en galego...).

A Couce da Nabiza polo menos vendeu uns centos de miles de libros con aquela colección "Biblioteca 120", aínda que habería que dicirlles que promocionan a literatura en español que mete medo.

3:58 PM  
Anonymous Anônimo said...

Douvos a razón aos tres.
Habería que preguntarlles se editarían (caso da Voz de Galicia) e seguirían publicando libros en galego, xa for individuais ou xa for en coleccións como a Biblioteca 120, etc. prescindindo das sumas subvencións da Xunta. O máis claramente sacando o 50% das noticias do seu xornal en galego (digamos que para que ambas as linguas fosen normais)

Ánxel Casal e a súa Editorial Nós, no seu momento, non recibía subvencións da administración e o labor que realizou a prol da cultura galega foi moitísimo superior.

A estas alturas do século xa non vale aquilo de "hai que poñelo en castelán, por se a xente de fóra non entende". E logo a xente de aquí?

En fin! unha peniña. Xa hai tempo que toda esa palabraría que ceiban en conferencias, medios e publicidade e todo pura demagoxia.

1:37 PM  
Anonymous Anônimo said...

Eu propoñería que para o ano 2008 todos os xornais galegos estivesen integramente en galego no Día das Letras Galegas e no 25 de xullo. Nada de suplementos ou especiais, todo o xornal,

O resto do ano o 50% escrito e publicitado en galego e o outro 50% en castelán (refírome á versión impresa, xa que na edición electrónica poden botar man comodamente de tradutores automáticos)

Outro feito que non se entende é como, por exemplo, o "Galicia Hoxe", pertencente ao Grupo Correo Gallego, presumen de ser o único diario escrito en galego,... e o anuncio da portada sempre está en castelán. Aínda menos mal que as noticias van en galego.

Aí vos queda este desafogo.

Saúdos e parabéns polo blog.

1:49 PM  

Postar um comentário

<< Home