18.2.08

Outro cambio é posible

O éxito evidente da manifestación de onte debería obrigar a reflexionar aos partidos do actual Goberno Galego (e aos sindicatos maioritarios) sobre cal é a súa deriva no que respecta á política medioambiental, industrial, forestal e de ordenación do territorio que defenden para o país. A presenza na manifestación de numerosas bandeiras galegas (sen a estrela, tamén as había que a levaban), xa non é a primeira ocasión, é algo, que non semella casual. Esta manifestación amosa que existe unha cidadanía de esquerda e nacionalista en Galicia que cre que outro cambio é posible (as presenzas de Camilo e Beiras son significativas), sen que isto supoña estragar o territorio e acomodarse aos intereses dos poderes económicos. BNG e PSdeG-PSOE deberían tomar nota (e moito máis en plena campaña electoral).


Actualización (19-02-2008): Sobre esta mobilización é moi interesante a análise d' A contrafío (parabéns pola volta).
Etiquetas:

Marcadores: , ,

3 Comments:

Anonymous Anônimo said...

tamén habia xente de esquerdas non nacionalista,¡e moita!

10:23 PM  
Blogger folerpa said...

Vistas as penosas declaracións do ínclito Pachi hoxe no Páis (http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Medio/Ambiente/tacha/Galiza/non/vende/interesada/elpepiautgal/20080219elpgal_11/Tes)é evidente que non tomaron nota, exemplificando unha vez máis a deriva política e social deste Bipartito do que moitos agardabamos tanto e nos está dando tan puoquiño. Unha mágoa.

9:57 AM  
Blogger Manuel Ángel Candelas Colodrón said...

Eu non estaría tan seguro do éxito da manifestación. A heteroxeneidade que xa comentei noutro foro e que A contrafío salienta non dá a medida exacta das reivindicacións. Por iso resulta difícil saber qué parte corresponde a unhas denuncias particulares e que outra a unha concepción global da política. Demasiado totum revolutum que pode ser ganancia de certos pescadores, pero non ofrece, para mín, un certeiro e preciso alcance da protesta.

11:18 PM  

Postar um comentário

<< Home