Sendeiro rural de Galicia
Paco Armada acaba de abrir un blog dedicado ao GR.94, o sendeiro rural de Galicia, homologado pola Federación Galega de Montañismo. Seguindo este vieiro para camiñantes, perfectamente sinalizado, pódese chegar de Vigo a Compostela sen pisar o asfalto. Recomendo a visita a este novo espazo web, onde Armada pretende ir informando sobre os contidos do libro de título homónimo que acabamos de poñer nas librarías. Armada acomete agora outro dos seus proxectos máis queridos: a rota do Miño, dende A Pastoriza á Guarda.
Etiquetas: GR.94
1 Comments:
Son un camiñante e cliente deste tipo de guías e celebro moitísimo estas edicións. Noraboa, pois e ánimo para continuar por este "sendeiro" editorial
Postar um comentário
<< Home