Manifesto dos correctores
Sei por Millán da existencia dun manifesto, aparecido na lista editexto, que reivindica o papel dos correctores na edición de textos e no coidado do uso do idioma. Unha iniciativa oportuna que debería ter o seu correlato en Galicia, onde estes profesionais desempeñan un papel apenas recoñecido.
Marcadores: Edición



5 Comments:
Quizais deberían ser, en xeral, máis serios para que se recoñeza o seu labor.
A miña experiencia é que adoitan ser moi concienzudos. Outra cousa é o papel do editor e a relación que establezan co autor/a.
Pola parte que me toca, comparto o que se di nese manifesto e creo que sería interesante unha iniciativa semellante no ámbito galego. Se nunha lingua coma o castelán a figura do corrector é importante, no caso dunha lingua en proceso de normalización como a nosa o papel do corrector é en moitos casos fundamental.
Non coincido con Peke en que o labor dos correctores non sexa serio. Talvez existan casos de persoas pouco profesionais pero non é a regra xeral. Cónstame que moitas veces a calidade dos textos depende máis de cuestións editoriais (como pode ser a necesidade de editar unha obra dentro duns prazos establecidos) e non do labor dos correctores/as.
Para min un corrector está para corrixir erratas, mais non para cambiar ao seu antollo trazos de estilo, como xa me ten pasado. Son filóloga amais de escritora e non puiden menos que quedar estupefacta ante algunhas correccións que me fixeron a algúns dos meus textos. Seméllame unha liberdade gratuíta que, cando menos, debería consultarse co autor, cousa que non se fixo.
aceptemos inxerencias e posíbel falta de profesionalidade, pero u-la profesionalidade sen estatus profesional ningún, norma xeral neste país?
Postar um comentário
<< Home