O manuscrito de Alicia
Anuncioumo Agustín e lino na páxina de Manolo Gago (obrigado) que se podía ver o manuscrito d' Alicia visitando os fondos dixitalizados da British Library. Ten razón Gago que é un pouco latoso pasar as páxinas deste libro electrónico, mais é unha marabilla poder escoitar o texto en inglés e coñecer a caligrafía de Carroll. A edición do mapa de Mercator de 1570 e os deseños da bitácora de Leonardo son outra gozada. Paga a pena este sitio que demostra as posibilidades da dixitalización dos grandes fondos bibliotecarios. Cando poderemos consultar as nosas grandes pezas da Biblioteca Nacional de Galicia?
Marcadores: Imaxes, Literatura infantil e xuvenil
4 Comments:
Fixeches click na foto de Alice que aparece na última folla? :-)
Parabéns polo blog. Eu aínda son novicio. Tamén escribo (metaescribo?) sobre letras e libros. Estou en fragmentosgutenberg.blogspot.com.
Saúdos.
Moltes gràcies per la recomanació. És una meravella!
Gago: fixen. É ben bonito, ese retrato dentro da foto: "happy summer days". Moi curriño.
Postar um comentário
<< Home