5.11.05

A edición baixo demanda

Unha das ideas máis repetidas no Simposio foi a referencia á edición baixo demanda como unha posibilidade a disposición dos editores para realizar tiradas moi reducidas, reedicións de textos descatalogados ou inatopables. Este tipo de edición dixital permitiría continuar publicando títulos que empregando o sistema offset sería inviables.
Jacobo Bermejo, actual presidente da Asociación de Artes Gráficas de Galicia, expuxo as novidades actuais da industria, referíndose tanto ao offsett (sobre todo o CTP: "mellora os tempos de produción, proporciona maior calidade de reprodución de imaxes, ademais de poder actualizar contidos ata o último tempo"); ás novas probas de cor GMM (augurou que o "cromalín ten os días contados"), como, e sobre todo, sobre as avantaxes e problemas que lle ve á impresión dixital. Entre as primeiras sinalou que acurta tempos, simplifica o proceso, require stocks mínimos, pode personalizar cada un dos exemplares (por medio da Tecnoloxía do dato variable) permite a xestión documental de libros descatalogados e tiradas especializadas. Entre os inconvenientes sinalou o pagamento a realizar ao fabricante, os seus investimentos elevados, problemas nos acabamentos (non saen, aínda, libros cosidos e existen dificultades cos plastificados), así como o prezo elevado dos libros a cor. Rematou insisitindo na idea de que a impresión tradicional e a dixital convivirán no futuro e que Galicia conta cun sector industrial de Artes Gráficas moi atomizado (500 empresas e 6000 traballadores), que require elevar a súa autoestima.
Joán Badía Solé, responsable de edición baixo demanda de Xerox, na súa conferencia, presentouse como auténtico apóstolo da impresión dixital. Algunas das ideas da súa intervención moi entusiasta que apuntei foron:
1. Segundo os gurús en 2030 todo estará en formato dixital na rede.
2. Os libros impresos dixitalmente son aqueles que non arreceden a tinta.
3. A impresión dixital é a alternativa para os editores que pretendan contar cun stock cero.
4. A impresión dixital permite facer libros personalizados e á carta.

Marcadores:

1 Comments:

Anonymous Hailey said...

Keep it up! I like your writing style. Are you a copywriter?

11:26 PM  

Postar um comentário

<< Home