6.11.05

Nace Edicións da Rotonda

A intervención na Mesa dos blos da nosa admirada María merece comentario á parte xa que tivo a deferencia de anunciar a primicia mundial da creación de Edicións da Rotonda. María presentou a súa iniciativa como a dunha editora virtual, unha plataforma na rede desde a que lanzar todo tipo de produtos culturais. Presentou o seu primeiro produto, a novela de Carlos G. Meixide, O home inédito, disposta para ser descargada de forma gratuita (supoñemos que proximamente) da rede baixo unha licenza Creative Commons. Amosou a portada e o texto da obra, así como a páxina promocional da novela que contará cun blo, información sobre o autor, sinopse da obra, personaxes, making of, comentarios críticos... (os editores de papel presentes tomamos nota coma tolos dun modelo moi atractivo inexistente na edición galega).
María (na que sempre pensei que será a Carmen Balcells do século XXI) pretende que Edicións da Rotonda sexa editora sen ser fábrica, tentando darlle marca a todos aqueles intanxibles que editen. O segundo produto será EUROPA, unha película, mais tamén haberá música...
O proxecto promete moito, moito. Os editores convencionais temos moito que espabilar con iniciativas de edición na rede da calidade desta.
Beizóns, María e Berto! E longa vida para Edicións da Rotonda!
Actualización (07-11-2005): A editora está xa operativa dende hoxe na rede.

Marcadores:

4 Comments:

Blogger choios enríquez said...

Obrigadísima polas beizóns. :) E polos teus comentarios, que vindo dun editor coma ti puntúan dobre. Moitas grazas tamén pola oportunidade de presentar o proxecto no marco do Simposio.

Ademais de agradecemento, este comment é para dicir que xa non é proxecto se non realidade, para sacar adiante á súa vez moitos proxectos máis, esperemos.

A editora e mais a novela, xa que logo, están xa no enderezo que puxeches: www.arotonda.com.

Agora que teredes oportunidade de ver a web máis a fondo, e de ler a novela, agardamos que estean á altura das esperanzas postas n'A Rotonda. Tentaremos cumprilas día a día.

Re-beizóns!

10:35 PM  
Anonymous Anônimo said...

Que che parece a crítica de Ricardo Senabre ao libro de Suso de Toro?

11:42 AM  
Blogger Abhijit said...

Becoming famous is effortless these days. Actresses and actors like to Buy Facebook Comments as a method to gain popularity and acceptance on the internet in a short span. buy fb comments

2:01 PM  
Blogger Creative Epoxy said...

Este comentário foi removido pelo autor.

5:23 PM  

Postar um comentário

<< Home