Os blos e a creación cultural
A Mesa "Os blos e a creación cultural" foi a mellor de todo o Simposio. Durante dúas horas ben medidas houbo información, debate e unha preciosa sorpresa final. Non se pode pedir máis. Algúns dos datos proporcionados non poden ser esquecidos: en galego publícanse 50.000 post cada ano cunha audiencia de millóns de visitantes, e a pesar de contar só con 300 blos (aínda somos pouquiños).
Por favor, lean a crónica de Ian, mellor non se pode expresar o que alí pasou. Á súa relación de blogueiros presentes, é de xustiza engadir aos nosos convidados Rogerio e Txetxu, tamén activos lectores dos blos en galego.
As miñas beizóns para as magníficas intervencións dos cinco participantes: náufrago (que definiu o blo como un libro de area infinita electrónica); martin pawley (que lle deu todo o mérito á rede); maría (que pretende cada día dar a coñecer o que fan outros); Uxía Casal (que expuso cunha claridade diáfana as características do fenómeno); e Xavier Cid (o xornalista de Vieiros que defendeu o blo como un xénero literario).
Estou seguro que as liñas de debate que se abriron na Mesa Redonda continuarán no blogmillo. Velaí van algunhas das cuestións que na sesión do Simposio suscitaron maior polémica:
As miñas beizóns para as magníficas intervencións dos cinco participantes: náufrago (que definiu o blo como un libro de area infinita electrónica); martin pawley (que lle deu todo o mérito á rede); maría (que pretende cada día dar a coñecer o que fan outros); Uxía Casal (que expuso cunha claridade diáfana as características do fenómeno); e Xavier Cid (o xornalista de Vieiros que defendeu o blo como un xénero literario).
Estou seguro que as liñas de debate que se abriron na Mesa Redonda continuarán no blogmillo. Velaí van algunhas das cuestións que na sesión do Simposio suscitaron maior polémica:
- A edición dos blos é un xénero literario?
- Porque xorden os blos?
- Porque hai máis autores con obra publicada en papel que blos abertos en galego?
- Porque o profesor XAM non coñece a María Yáñez?
- A literatura galega nos blos é de baixa calidade?
- A literatura dos blos é unha literatura en probas, incompleta, á que algo lle falta?
- A ligazón é o hipertexto conforman unha nova textualidade?
- Debe aparecer María Yáñez no Anuario de Estudos Literarios Galegos?
- Teñen os blogueiros saudades do papel como elemento de poder?
- O anonimato do blo pexa a autoría?
- Teñen algunha importancia os blos?
- Que relacións existen entre os blos e os diarios escritos ou impresos en papel?
- Os blogueiros están dándolle unha lección aos editores?
- Que alcance poden chegar a ter as blognovelas?
- Interfiren os blos a edición en papel?
Marcadores: Literacidade
1 Comments:
1. Pode empregar recursos de estilo específicos que non posúen os textos de papel, coma o hipertexto, por exemplo; así que eu concordo con Xabier Cid en velo como un xénero novo, aínda que honestamente as cuestións taxonómicas non me preocupan demasiado.
2. E por que xorden os libros?
3. Iso quería sabelo eu.
4. Pois debería!
5. A literatura galega, a secas, é de baixa calidade?
6. Non. A literatura en papel, sen imaxes nin ligazóns, é unha literatura en probas, antigua, incompleta, á que lle falta algo? Tampouco, claro.
7. Abren novas posibilidades expresivas, iso é obvio. Outra cousa é que saibamos usalo con xeito. Por exemplo, o hipertexto permite non ter que dar demasiadas explicacións sobre as cousas (o resto da información está xa na páxina ligada), o cal posibilita a aparición de artigos moito menos discursivos que os do papel, mais lixeiros, ás veces extremadamente minimalistas.
8. Eu metería a María (e sobre todo a Cesare) sen dubidalo, pero sobre todo aproveitaría a ocasión para quitar a algúns dos que están nese anuario...
9. En xeral, creo que non. Insisto en que o paso ao papel, nos blogs mais xenuinos, nos que botan man de todas as posibilidades da rede, é moi moi moi difícil.
10. Para o leitor habitual, o autor do blog é menos anónimo que calquera poeta ou novelista, e case sempre ten con el unha vía de contacto, sexan os comentarios, sexan os enderezos de e-mail. Polo demais, o "Lazarillo de Tormes" é anónimo e leva editándose estupendamente desde hai varios séculos; por non falar xa de J. D. Salinger, Thomas Pynchon ou B. Traven.
11. Creo que pouca. Claro que tamén penso que ten moi pouca importancia a poesía ou a novela. Depende de a que lle chamamos "importancia", quizá.
12. Hai blogs que son coma os diarios en papel, pero na rede. Hai moitísimos que non. Iso é todo.
13. A maior parte dos editores pasan dos blogs, así que aínda que lles estiveramos dando unha lección (que non creo), non se ían enterar. Dixéronme que había mais editores na sesión da mañá que na mesa redonda dos blos, un dato que me parece revelador, sobre todo se pensamos que eran os editores os que organizaban o acto. Ao mellor é que coincidía coa siesta, quen sabe.
14. Non creo que as blognovelas acaden moito mais alcance que as edicións en papel dos folletóns cómicos que publican os xornais no verán. Xa sabe, cousas como "Sin noticias de Gurb", e todo iso. Ler en pantalla segue sendo moi incómodo, así que para os xéneros longos (ensaio, novela) o papel é polo de agora insubstituíbel.
15. Eu creo que non só non interfiren, senón que poderían potenciar as ventas dos libros de papel. Os editores seguides un chisco ancorados no século pasado, e o voso problema segue sendo o de dar a coñecer os vosos produtos. Un dos meus problemas como leitor é que se eu lle pregunto a Google que libros están editados en Galaxia, Google non me sabe responder porque Galaxia aínda non ten web á vista. Non hai xeito de enterarse por Internet das novidades editoriais en galego, e a realidade é que a prensa convencional tampouco é que lle preste moita atención ao tema. Os blos, que tanto se realimentan os uns aos outros, si poden puntualmente servir de altofalante para certas obras ou para certos acontecementos culturais.
Postar um comentário
<< Home