4.12.05

Indixestión editorial, indixencia lectora

No artigo da semana, a raíz da tramitación do anteproxecto da Lei do libro e da lectura, amplío a reflexión que fixera estes días sobre a conspiración lectora.

Marcadores: , , ,

6 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Moi ben a nova lei do libro, axudas para un sector estratéxico en Galicia, e esto e o outro. Temos que apoiar todos, a Xunta a primeira, ás editoras galegas, e as distribuidoras, etc... ¿E Xerais por qué non imprime os seus libros en Galicia? ¿Non hai imprentas en Galicia? ¿Non son as imprentas sector estratéxico?

9:45 PM  
Anonymous Anônimo said...

MOI BEN, Anómino, tes toda a razón. Onde hai que asinar?

2:18 PM  
Anonymous Anônimo said...

Fetén Bragado, pero hai que destribuir ese pan polas bibliotecas, que onte fun buscar Herba Moura e non o atopei. Os sen dentes queremos ler!

2:53 PM  
Blogger Brétemas said...

Velaí tes un dos problemas básicos do libro en Galicia. As novidades do libro galego que a Consellaría de Cultura merca para as bibliotecas (por que non chegan todas, nin a todas as bibliotecas)envíasen despois de moitos meses da súa aparición. Impídese así que a biblioteca sexa o lugar central de promoción do libro, como sucede en países como Suecia, Reino Unido ou nos Estados Unidos (onde existe unha rede de lectura pública moito mellor ca nosa).
A clave da nova lei non está nas subvencións ao sector editorial(como erradamente sinala o primeiro comentario anónimo). O eixo da lei reside en provocar unha mobilización xeral da sociedade a prol da lectura, tendo as bibliotecas públicas un papel destacadísimo como espazos e axentes dinamizadores.
Con respecto ás Artes Gráficas, a lei recoñece o seu papel, comprometendo aos poderes públicos a apoiar a mellora da súa competitividade. Xerais realiza todo o seu traballo de pre-impresión en empresas de servizos galegas e, tamén, parte do seu traballo de impresión e encadernación. O sector das Artes Gráficas en Galicia ten mellorado moito a súa competitivade o que permitirá aumentar a súa capacidade produtiva de libros, tanto da industria editorial galega como da de fóra. A internacionalización do sector é a súa estratexia de futuro.

3:21 PM  
Anonymous Anônimo said...

Manteño unha boa relación co noso bibliotecario, e el queixase de que recibe poucos libros. Non lle boto as culpas aos editores, maila leva. Eu téñolle dado varios libros despois de lelos, e mo agradece con medras. Home, non se trata de non mercar, máis ben de de quedar sen un peso, porque se as de ler seis - e non che da o presuposto - recurres ás bibliotecas municipais. Xa sei que os lectores, por norma xeral, son uns bechos raros nesta sociedade, pero existen.

4:46 PM  
Blogger Brétemas said...

O mellor sinal da saúde lectora é a demanda bibliotecaria. De pouco serven bibliotecas ateigadas de libros ou de cedés, se ninguén acude a elas. Esta mañá alguén que está percorrendo todas as de Galicia, comentábame a precariedade de moitas dleas, que dependen do entusiasmo que lle meta os seu bibliotecario. Este é un gremio que si merecería un recoñecemento que poucos lles proporcionan.

7:55 PM  

Postar um comentário

<< Home