MARCO
Creo que é un erro de vulto da Consellaría de Cultura xustificar a redución de 100.000 € destinados para Marco en base ao criterio de que nos orzamentos de 2006 pretende equilibrar "as achegas que se dedican a outros museos de arte contemporánea e a outro tipo de museos". Tampouco xustifica este recorte que a Dirección Xeral do Patrimonio vaia investir un millón de euros na musealización dos restos arqueolóxicos romanos atopados na rúa Márques de Valladares. Van ser, entón, os criterios de compensación localista os que xustifiquen a política cultural do bipartito? Vaise seguir repartindo o orzamento en función de territorios ou en base a criterios da excelencia e interese sociocomunitario e cultural de cada un dos proxectos? Cales son os criterios da política museística do actual goberno? Que relación ten todo isto coa anunciada remodelación do proxecto da Cidade Cultura?
Marco é o máis interesante e rigoroso proxecto museístico nacido en Galicia no novo século. Afortunadamente, o museo vigués de arte contemporanea foi, en moi pouco tempo, capaz de proxectarse fóra dos lindes do rabioso localismo vigués converténdose en referencia internacional e modelo de política cultural innovadora. A súa xestión profesionalizada e independente, a calidade da súa programación e dos seus proxectos de investigación e difusión, o seu compromiso inequívoco coas diferentes expresión da creación artística actual e coa construción da memoria recente merecerían un apoio moito máis entusiasta do equipo de Cultura.
Agoiro que o recorte anunciado por Bugallo (compensado cunha achega de 150.000 € do Ministerio de Cultura) constituirá un magnífico agasallo para Corina Porro, que así escenificará un novo episodio de vitimismo localista (decontado, como sucedeu cos recortes dos voos de Iberia, presentará publicamente unha ampla lista de déficits culturais vigueses: inexistencia de bibliotecas, carencia dun teatro municipal, retrasos nas obras do Auditorio...).
Porén, o recorte constituirá outro bumerán envelenado para o grupo municipal do BNG que colabora de forma activa durante toda a lexislatura co PP na aprobación dun Plan Xeral que, dende hai dous meses, ninguén coñece en que fase concreta da súa tramitación se atopa. Mentres, o "dividido" ou "desaparecido" PSOE local (quen manda aquí?), sen dúbida, aproveitará a polémica para facer unha breve incursión nos medios e apuntar con tiracroios a uns e a outros.
Unha situación de tolos. Definitivamente, Vigo é unha cidade estrépito, politicamente anémica, que semella non ter arranxo nin espazo para a racionalidade e a esperanza. Coas cousas desta guisa imos ter Corina e Figueroa para varios mandatos. Este Vigo revolcado é unha das pezas mestras da calculada estratexia de recuperación do goberno autonómico concibida por Alberto e os seus xoves asesores.

Marcadores: Cultura
12 Comments:
Que pasa, Bragado?
É que xa te denegaron outra subvención?
Non home non. Non pretendo vencellar as miñas opinións políticas (erradas quizais, non son posuidor de verdades infalibles) co meu traballo profesional. Lamento que a decisión da Consellaría de Cultura de recortar a súa contribución a Marco poida, paradoxicamente, beneficiar a consolidar a Corina Porro e prexudicar as posibilidades electorais do BNG en Vigo. Como teño comentado outras moitas veces, criticar publicamente e de forma razoada e reflexiva medidas concretas do actual goberno bipartito non está fóra de lugar e contribúe a confrontar a acción de goberno coas demandas e opinións da sociedade civil. Estou convencido de que o que suceda politicamente en Vigo nos dous vindeiros anos pode ser decisivo para a consolidación ou fracaso do proxecto político do actual bipartito. Iso quixen expresar. Pido desculpas se o fixen con torpeza.
Non é necesario dar explicacións a quen non se identifica. Concordo coas tuas palabras.
Bo nadal
Coido que Bragado fixo ben contestando ese comentário e aclarando as súas posicións.
En canto a Corina Porro, aínda que suponho que non acontece neste caso, eu intúo un desprezo machista moi xeralizado, que non se deu nin se dá con outros persoeiros. Lémbrame o caso de Fabiola Sotelo (adscripcións grupais aparte).
Obrigado, Galeidoscopio. Por suposto que non menosprezo a Corina. A pesar de que non comparto as súas posicións políticas, creo que é unha persoa intelixente e coraxuda.
Xa marchaba e vexo o conto.
Boas festas. Con cava, ribeiro e txakolí se presta, Bragado.
¡Pero que politicamente correcto é o comentario de Galeidoscopio e que politicamente correcta é a contestación de bretemas!. Correctas culpabilidades á parte, Corina non é nin intelixente nin coraxuda: sinxelamente aprendeu algunhas leccións doadas se non tes escrúpulos: tirar para adiante por riba de prexuízos legalistas e de boa práctica política; untémos ó Faro ata a saciedade para que nos faga unha imaxe á medida (nonos vaia pasar como a Pérez Mariño); se hai que facer cousas de cara á galería pero que gustan ó populacho, que custan moito diñeiro, gástese aínda que non se cumpra ningunha das condicións legais de control do gasto e que non se podan empregar para outras cousas prioritarias. Ela e Pilar Egea (outra muller, e loira ¡síntoo galeidoscopio!) teñen ben lído o seu Goebbels, e non teñen ningún pepito grilo politicamente correcto que lles impida aplicar as súas sabias ensinanzas.
Corina, sinto ser así de politicamente incorrecto, é deses políticos que non son criticables: son sinxelamente insultables.
Así de incorrectos fumos no seu día en Vigoblog:
http://vigoblog.blogspot.com/2005/10/
corina.html
Pablo Eifonso: non estaría de máis que empregase un chisco de ironía e sutileza nas túas análises. Serían moito máis eficaces e chegarían a máis xente. Xeralmente non é moi convicente que tanto fachendea da súa incorrección, a pesar de que non che faltan nin razóns nin información ben atinadas. Eu reflexionaría...
¿E cales son eses xoves asesores de Alberto dos que fala, Brétemas?
Querido Brétemas. Dende que abandonei o rexime, carezo, infelizmente, de cintura... e o que é aínda pior, decateime de que tampouco me fai falta: así non teño nada que perder.
Unha aperta retranqueira.
A minha correcci�n, dende logo, � pol�tica e non civilizada, Pablo Eifonso. Ou ser� que o nord�s e mais o txakol� afectan.
Como dicia un amigo (se esta categoria est� livre de prescripci�ns administrativas): non patxar�n.
Sa�de sen retranca.
Imos deixar o tema da corrección política, da que vostede, Bragado,é un representante eximio, cousa que non lle reprocho pero que ás veces, de tan esaxerada, pode facerlle un pouco de gracia a uns e irritar outro pouco a outros.
Na súa análise do MARCO coido que leva razón, entre outras cousas porque a Consellería de Cultura non explicou os motivos da inesperada rebaixa. As preguntas que vostede se formula son, por tanto, lóxicas e lexítimas. Eu engadiríalle, se mo permite, outro interrogante: ¿Cal é a actitude da Consellería, concretamente a de Luís Bará e Felipe Arias, cara á arte contemporánea?
Postar um comentário
<< Home