MSM 2006
Pasmo derreado diante da televisión e recibo unha chea de mensaxes de San Silvestre. Haiche de todos os tipos:
- Sintéticas: "Feliz 2006", "Os mellores desexos para 2006".
- Afrancesada: "Feli ciano e próspero Merimé".
- Vizosa: "Que o 2006 encha as tullas para desafiar os novos tempos. Saúde para ti e os teus".
- Anticapitalista: "Feliz 2006 e que o capitalismo vos sexa leve".
- Agarimosa: "O ano vello leva o q fmos, no aninovo vence o q agora somos. Q no 2006 se che cumpran todos os soños, os posibles e os imposibles. Muaks".
- Musical: "Que os fados te acompañen no 2006. Saúde e que cante o merlo".
- Optimista: Que rematen xa as malas noticias: que por fin comece o 2006".
- Interesada: "Que o 2006 nos traia moitas subvencións".
- Cultural. "Acenderemos unha estrela en cada constelación (Manoel Antonio). Por un ano de boas novas para a memoria, a cultura, a igualdade e Galiza".
- Poética: "Que esta noite, como tódalas noites, volva prende-lo lume dos nosos soños. Ise país de seu: liberdade, amor e poesía. A beleza..."
- Preciosa: "Migas de pan, esféricas, preciosas".
- Cinéfila: "Woody Allen di: 'gústame o futuro porque é o lugar onde vou pasar o resto da miña vida'. Pois iso. O dito. Feliz 2006. Que os blues nos sexan propicios".
- Amigable: "Que o novo ano traia os mellores capítulos do libro da nosa amizade".
- Humana: "La felicidad sólo es seguro que aumenta o disminuye de acuerdo con el número y la calidad de las relaciones humanas. Feliz año".
AGARDO QUE O NOVO ANO VEÑA PREÑADO PARA TODOS DE SAÚDE, ALEGRÍA, AMOR E DUNHA MOREA DE LIBROS LIBRES PARA GOZALO.
QUE A ESTRELA DOS AFECTOS SEXA A QUE NOS GUÍE
QUE A ESTRELA DOS AFECTOS SEXA A QUE NOS GUÍE
Marcadores: Persoal
6 Comments:
Que así sexa. :)
A SMS interesada creo que sei quen lla mandou :-)
Desexo o mesmo para ti, Brétemas :)
P.D: o post recordoume a cando Cyrano de Bergerac ponse a versificar sobre o seu nariz, ¿lémbraste?
Faltouche a que chega de Madrid: "felisa me muero".
Que 2006 nos traia moito de todo o bo e de felicidade o dobre. Colineta.
Demos! vese que temos axendas compartidas!!
Dúas máis:
-Año nuevo, año nuevo... onde se poña un bo cabrito...
-Que o ano novo veña cargado de ssss: sorte, saúde, sorrisos, sentolos, sijalas... e, sobre todo, SEXO.
Postar um comentário
<< Home