
Apareceron os primeiros
libros de
Rinoceronte, a nova editora galega especializada en traducións. O
catálogo é moi prometedor e ambicioso, o deseño das capas e da propia web é moi sobrio e a nómina de tradutores de grande calidade. Deséxolles moita sorte a
Moisés e Penélope en tan arriscado proxecto editorial, xa que os custos das traducións e o pagamento dos adiantos é moi elevado para as nosas cativas tiradas. O camiño da especialización e a
venda directa na rede semellan estratexias viables para estes novos proxectos que enriquecen o noso panorama editorial. Longa andadura para o Rinoceronte!!!
Actualización (08-01-2006):
entrevista a Moisés R. Barcia e María Yáñez.
Marcadores: Beizóns, Novidades, Traducións
2 Comments:
Paréceme unha iniciativa estupenda. Adiante, pois!
Os deseños das capas son moi elegantes.
Outra cousa, Brétemas, e logo non sería interesante traducir para outras linguas textos orixinalmente en galego?
Saúdos e saúde.
Espero que teñan moita sorte, é unha estupenda "disculpa" para adentrarnos no mundo da literatura en galego.
Imaxino a delicia que debe supor ler o texto de Baricco na nosa lingua, coa cadencia que ésta impón.
Postar um comentário
<< Home