26.1.06

Control de calidade

Grazas a Txetxu hoxe baixei este pdf de Silvia Senz Bueno que aborda cuestións relacionadas coas tarefas de revisión de estilo e corrección de textos. Recomendo a lectura demorada destas dezaseis páxinas onde se reflexiona sobre o empobrecemento da calidade do tratamento de texto, efecto, en boa medida, da externalización que destas tarefas (vitais no traballo editorial, seguramente, as centrais do oficio da edición) se realiza na maior parte das editoras. A autora propón aplicar novos métodos de traballo para a revisión de estilo dos orixinais e para a corrección de probas que respondan a criterios de excelencia e eficacia. Propón, ademais, a creación dun selo oficial de control de calidade dos procesos de edición que restaure e avale as boas prácticas editoriais. Unha idea, que non debe ser desbotada, para mellorar a calidade do noso traballo e, de paso, para recuperar o prestixio perdido dos editores.

Marcadores:

7 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Manolo: Sólo algunos editores tienen el prestigio perdido, al igual que algunos libreros. Siempre hay una frase que me gusta que aunque aplicada a la educación se podrí aplicar a la librería y a la editorial. Faustino Guerau decía que la mala educación no existe. Que la educación sólo se da si es buena. Los mismo podríamos-deberíamos decir de libreros y editores. Así que no son editores ni quienes no cuidan sus procesos ni quienes dejan de pagar a sus autores, pero por ello no deben pagar los demás.
Un abrazo

11:43 PM  
Anonymous Anônimo said...

Animo a Xerais a que se aplique o conto.

9:27 AM  
Blogger Brétemas said...

Iso pretendemos dende hai tempo, aínda que debemos mellorar neste aspecto como noutros. É algo que preocupa a todo o noso equipo.

9:56 AM  
Blogger Peke said...

O dos erros nos libros é algo que me chama moitísimo a atención. Xa sei que os correctores son humanos e que se poden equivocar ou despistar, pero me resulta inconcibible que escapen erros tan rechamantes como os que atopei no último libro que lin. Quizais debería haber un supercorrector? Quizais o corrector debería repasar o seu traballo un par de veces, como mínimo? Non sei, pero á vista de certos exemplares un pensa mal dos correctores sen podelo evitar.

1:29 PM  
Blogger galeidoscopio said...

Perdoa o meu comentário de onte.
Espero que haxa, o mais cedo posível, uma xuntanza entre escritores e editores na que tamén te podas desculpar diante deles.
Un saúdo.

4:28 PM  
Blogger Brétemas said...

Indubidablemente hai que manter esa xuntanza axiña. Promovereina.

4:49 PM  
Anonymous Anônimo said...

Gracias por la reseña a Brétemas (y a Txetxu por enviar el documento). Sólo quería aportar que ese artículo que firmo no se limita a hablar de externalización de correctores y calidad; va un poco más allá: a señalar la influencia en los procesos globales de control de calidad textual (que dependen de otras muchas manos) de las políticas editoriales centradas exclusivamente en criterios de mercado.
Sobre los comentarios que he leído acerca de los correctores, convendría a sus autores conocer de cerca qué es un corrector, cuál es su función, cómo se forma (o no se forma) hoy en día y qué presencia tiene en la edición actual, francamente escasa y sujeta a condiciones de trabajo muy precarias. Recomiendo, en este sentido, la lectura del artículo «Especies editoriales en extinción: Manifiesto de los Correctores de Español», publicado el 31/01/2005 en el blog Addenda&Corrigenda.

2:54 PM  

Postar um comentário

<< Home