O fútbol ou a vida
Hoxe un amigo anónimo deixoume un comentario moi extenso no meu máis recente Campo do Fragoso. Recomendo este texto de Justo Serna, tirado do libro El fútbol o la vida, a todos os siareiros e persoas interesadas na antropoloxía social. Traduzo un anaco magnífico:
O fútbol é unha festa con normas, un rito xerárquico que se desenvolve nun escenario ao que chamamos estadio, con xogadores de notable beleza muscular que representan un drama lonxanamente parecido á vida, executantes de papeis que en parte están escritos e en parte improvisados; é, en fin, un teatro con espectadores que asisten para contemplar un virtuosismo, para envorcar os seus humores e para compartir o balbordo desa multitude que interpela, que ruxe como sucedía nos vellos corrais de comedias. A un evento desta natureza, o noso antropólogo imaxinario chamaríao xogo profundo, ao xeito de Clifford Geertz: algo máis que unha gansada, un asunto importantísimo, significativo, que di moito acerca da existencia e das súas expresións. Por erro, tal vez, ou por ilusión óptica, pensabamos ata hai ben pouco tempo que o fútbol era cousa de machiños pouco sensibles, de varóns escasamente cultivados, algo bastos, dispostos á liorta. Agora sabemos que iso non ten por que ser así, que o fútbol e a intelixencia e a cultura teñen numerosas relacións, vasos comunicantes a través dos que se irrigan fluídos, vida e elegancia.
Marcadores: Fútbol
2 Comments:
De nada, Bragado. Sabía que che ía gustar.
O amigo anónimo.
Esquecícheste de poñer o dato de que o texto é da autoría do historiador valenciano Justo Serna, especialista en historia cultural.
O amigo anómino.
Postar um comentário
<< Home