Perda
O martes pasado perdín o móbil nun taxi (esa é a miña hipótese máis verosímil para un feito que me deixou case noqueado durante unhas horas). O día seguinte afaneime en atopalo. O xoves desistín e tentei dalo de baixa, iso si, conservando o número. Na fin de semana de reis gocei dunha extraña sensación de tranquilidade e acougo; unha situación que descoñecía dende hai moitos anos, moito máis pracenteira que as mesmas vacacións de verán, xa que o aparello, estea aquí ou acolá, tampouco deixa de soar neses días preñado de noticias, requirimentos e compromisos. Sei que esta semana case "incomunicado" (onde estiveches, chameite unha chea de veces?", dixéronme hoxe na oficina unha chea de veces) foi un agasallo inesperado que me fixeron os bos dos magos. A burbulla na que vivo esvaerase mañá ao mediodía, cando chegue o prometido novo mancontro. Volverei á realidade. Algúen recorda como vivía cando non existían estes aparelliños?
Marcadores: Persoal
4 Comments:
¡Lembro, ho! ¡Moito máis tranquilo! (E non chegaba tarde ás citas aínda que non me chamaran antes para confirmala)
E como non vou lembrar se ainda non tiven o primeiro.
Un saudo.
O máis habitual é esa incomprensión absoluta por parte da xente que te chama: "¿¿Por que non me colliches??"
Gostame pensar que a sua volta foi á burbulla, dende a realidade sen móvil.
Un saúdo e noraboa polo blog
Postar um comentário
<< Home