
Entre as novidades de libros audiovisuais galegos do pasado Nadal (afortunadamente houbo unha boa colleita) destaca a
fotobiografía sonora de
Manuel María. Os amigos de
Ouvirmos, de quen admiramos o traballo de recuperación de
gravacións históricas, crearon unha nova modalidade de fotobiografía de coidado deseño, na que se ofrece, xunto a un amplo e significativo percorrido fotográfico e biográfico, dúas gravacións desas indispensables: a primeira, unha selección de dezanove poemas do Manuel na súa propia voz; a segunda, unha antoloxía de dezasete cancións sobre seus textos, a cargo de
Fuxan os Ventos,
A Quenlla,
Suso Vaamonde ou María Manuela, entre outros. Recoméndoa, sobre todo para súa utilización educativa. Sei que xa están a preparar un volume semellante de
Celso Emilio. Outra tipoloxía de edición que amosa o pulo do noso sector.
Marcadores: Autores, Novidades
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home