12.2.06

Nova etapa política

No artigo da semana analizo os tres feitos que, na miña opinión, abren unha nova etapa na política galega: as marchas obrigadas de Fraga e Vázquez e a proposta dun Estatuto de nación por parte do BNG.

Marcadores: , ,

7 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Por que utiliza vostede para designar o Vaticano a denominación "Santa Sé"?
Acaso pensa que é realmente "Santa"?

1:56 PM  
Anonymous Anônimo said...

Evidentemente o termo é correcto desde o punto de vista do dicionario, pero xa sabe que apenas hai denominacións inocentes. E a de "Santa Sé" non o é.

Se vostede é progresista, como proclama, debería ter algo máis de coidado cos termos que usa, porque pode estar lexitimando determinadas cousas que non son de recibo. A política da Igrexa Católica non é de recibo nun 99,99%. Así de claro.

Viva a sociedade laica!
Ningún privilexio á Igrexa, nin sequera terminolóxico!

1:59 PM  
Blogger Brétemas said...

Meu amigo anónimo: emprego ese termo porque cría que é a denominación oficial e para establecer un certo contexto irónico. Comprobo que non o conseguín. Non teño porque afirmar en cada un dos textos que escriba as miñas posicións inequívocas a prol do laicismo en todos os ámbitos.

2:59 PM  
Anonymous Anônimo said...

Evidentemente que é a denominación oficial. Pero, que eu saiba, o autor do artigo non é ningún embaixador nin Ministro de Asuntos Exteriores de ningún país.

Habendo como hai expresións sinonímicas alternativas, desde unha posición laica e progresista a expresión máis exacta sería a máis neutra: Vaticano, sen máis.

Na linguaxe tamén se libran "batallas", e estas comezan a perderse cando usamos acriticamente a linguaxe dos que queremos "combatir".

(Enténdase o de batalla e combate no seu preciso contexto, non na súa exacta literalidade militar: por iso as puxen entre aspas).

6:46 PM  
Anonymous Anônimo said...

De todos modos, o autor do artigo non cometeu ningún "delicto", nin tampouco é acusado de nada. Só quixen chamar a atención sobre un asunto de gran importancia simbólica, e sobre a necesidade de ter máis coidado co mesmo. Nada máis.

6:57 PM  
Anonymous Anônimo said...

O BNG "mantén con firmeza os seus apoios"... pois menuda debacle!. ¿Esperarán que lles toque sempre a lotería de gobernar así de baratiño?

8:19 PM  
Anonymous Anônimo said...

Comparto a análise de Bragado sobre as enquisas. Eu mesmo fixen unha análise parecida nalgún deses foros que andan -ou andaban- por aí. O BNG, segundo eses datos, non baixaría a súa representación parlamentaria en Galicia. De todos modos creo que se lle está a dar demasiada importancia a unhas enquisas feitas tan só seis meses despois das eleccións.

1:52 AM  

Postar um comentário

<< Home