Hoxe en Vigoblog, fago un comentario ó tema da área metropolitana no que infelizmente diverxo do contido no teu artigo sobre este tema no Faro. Realmente só estamos de acordo (ademais da consideración como tracas das declaracións de Caballero e Corina e a proposta decimonónica de Soto) co que dis derradeiro parágrafo. O meu absoluto desacordo coa túa consideración sobre a Declaración de Soutomaior, que todos asinaron sabendo perfectamente que o papel o atura todo e coa clara vontade -disto si- (tal e como amosan tozudamente os feitos) de non cumprir nada do que nela se contiña. Saúdos.
A "Declaración de Soutomaior" como documento é o máis importante texto metropolitano co que contamos. Hoxe, coa actual situación política, non se podería asinar. razón pola que entendín oportuno lembralo. Tampouco está de máis, valorar o "erro de cálculo" de Méndez Romeu propoñendo unha fórmula de consorcio. Hoxe, aínda non funciona ningunha Área Metropolitana, xa que tanto as de Valencia como a de Barcelona, como tales. foron suspendidas.
texto claro que está ben feito. O técnico que o redactou da Mancomunidade era un gran profesional e sabía ben o que escribía. Non sei que factores na actual situación política impedirían que se asinase ese mesmo texto (non hai máis que ver a unánime reacción metropolitanizadora dos alcaldes da Mancomunidade nestes días). O único factor que atopo relevante para non asinala é xustamente paradóxico: a posibilidade que desta vez alguén de verdade os "obrigue", máis alá de asinar,a ceder determinadas competencias a un órgano non controlado polas "oligarquías" :-) locais. Da mesma maneira que os alcaldes sabían ben que daba igoal o que asinaran porque do que se trataba era exclusivamente de sair na foto e non perder comba. Ao único Concello que obxectiva e subxectivamente lle interesaba (aínda que tampouco fixo daquela nin fai hoxe nada por que se cumpra o Plano)era ao de Vigo. Claro que non funciona en España ningunha área metropolitana!!. O que funcionan son interesantes Consorcios, por exemplo en Bilbao (onde por certo funciona Bilbao Ría 2000, ¡toda unha referencia!) e Barcelona.
Admito "erro de cálculo" na proposta de Consorcio (neste país no que a política é só ter continuamente "man esquerda" -figuradamente o da esquerda, claro-) . Posiblemente alguén debería antes -coñecendo a crúa realidade de Vigo e satélites urbanos- telo explicado a modiño e negociado un por un cos alcaldes.
O da teoría da conspiración coruñesa, enténdoo no contexto do medio no que publicas a noticia, pero paréceme intelectualmente inaceptable. Deixémoslle iso ás Corinas de turno.
En todo caso, sempre se agradecen as túas opinións amenas e rigorosas en Brétemas e no Faro, no medio de tanta columna de periodistas orgánicos. +sau2
4 Comments:
Hoxe en Vigoblog, fago un comentario ó tema da área metropolitana no que infelizmente diverxo do contido no teu artigo sobre este tema no Faro. Realmente só estamos de acordo (ademais da consideración como tracas das declaracións de Caballero e Corina e a proposta decimonónica de Soto) co que dis derradeiro parágrafo.
O meu absoluto desacordo coa túa consideración sobre a Declaración de Soutomaior, que todos asinaron sabendo perfectamente que o papel o atura todo e coa clara vontade -disto si- (tal e como amosan tozudamente os feitos) de non cumprir nada do que nela se contiña.
Saúdos.
A "Declaración de Soutomaior" como documento é o máis importante texto metropolitano co que contamos. Hoxe, coa actual situación política, non se podería asinar. razón pola que entendín oportuno lembralo. Tampouco está de máis, valorar o "erro de cálculo" de Méndez Romeu propoñendo unha fórmula de consorcio. Hoxe, aínda non funciona ningunha Área Metropolitana, xa que tanto as de Valencia como a de Barcelona, como tales. foron suspendidas.
texto claro que está ben feito. O técnico que o redactou da Mancomunidade era un gran profesional e sabía ben o que escribía. Non sei que factores na actual situación política impedirían que se asinase ese mesmo texto (non hai máis que ver a unánime reacción metropolitanizadora dos alcaldes da Mancomunidade nestes días). O único factor que atopo relevante para non asinala é xustamente paradóxico: a posibilidade que desta vez alguén de verdade os "obrigue", máis alá de asinar,a ceder determinadas competencias a un órgano non controlado polas "oligarquías" :-) locais. Da mesma maneira que os alcaldes sabían ben que daba igoal o que asinaran porque do que se trataba era exclusivamente de sair na foto e non perder comba. Ao único Concello que obxectiva e subxectivamente lle interesaba (aínda que tampouco fixo daquela nin fai hoxe nada por que se cumpra o Plano)era ao de Vigo. Claro que non funciona en España ningunha área metropolitana!!. O que funcionan son interesantes Consorcios, por exemplo en Bilbao (onde por certo funciona Bilbao Ría 2000, ¡toda unha referencia!) e Barcelona.
Admito "erro de cálculo" na proposta de Consorcio (neste país no que a política é só ter continuamente "man esquerda" -figuradamente o da esquerda, claro-) . Posiblemente alguén debería antes -coñecendo a crúa realidade de Vigo e satélites urbanos- telo explicado a modiño e negociado un por un cos alcaldes.
O da teoría da conspiración coruñesa, enténdoo no contexto do medio no que publicas a noticia, pero paréceme intelectualmente inaceptable. Deixémoslle iso ás Corinas de turno.
En todo caso, sempre se agradecen as túas opinións amenas e rigorosas en Brétemas e no Faro, no medio de tanta columna de periodistas orgánicos.
+sau2
Nunca falei de conspiracións coruñesas nin creo nelas. Sigo con interese o tema dos consorcios. Hai que atopar a fórmula axeitada.
Postar um comentário
<< Home