Folga no metal
No artigo da semana reflexiono sobre a importante folga no metal de Pontevedra. Non teño dúbidas que amosa un profundo malestar social, sobre todo nos obreiros máis novos sometidos a condicións de grande precariedade, polas modificacións estruturais que, dende a reconversión de hai vinte anos, se veñen producindo nos estaleiros vigueses.
Marcadores: Artigos Faro de Vigo, Campo de Granada, Política, Vigo
2 Comments:
Moi bo artigo. Meu sogro viviu na sua pel a "reconversion" e foi unha mala epoca. O de agora tamen ten a sua problematica que explicas de marabilla. Os obreiros non acostuman andar en folgas e paros (sempre e un incordio e un perigo para o posto de traballo) pero cando hai esa union e esa protesta quere dicir que o asunto require esas mobilizacions.
Estan moi ben explicadas as causas da folga e penso que son unhas reivindicacións que apoiamos a maioría, aínda que as veces molestannos cos cortes de tráfico.
Os actos violentos son os obreiros os que teñen que ver a quen benefician, penso que a eles non. Xa ves á patronal dicindo que condenan eses actos, pero sin falar dos actos violentos que son os accidentes laborais por falta de seguridade ou por falta de experiencia.
Postar um comentário
<< Home