12.5.06

Lingua en positivo

Marcos propón abrir un debate en positivo sobre o futuro da lingua. Acerta de cheo. A pesar de que sei que non hai receitas máxicas a miña aposta vai por converter ao galego en lingua de proximidade, vencellándoa coa innovación tecnolóxica e co mundo da infancia, do lecer e da lectura. Só deste xeito creo que se poderá vencer na sociedade, e sobre todo na mocidade, o prexuízo estendido de asociar a utilización do galego como lingua vehicular cunha opción política nacionalista ou propia de aburridos culturetas galleguistas. Nesa liña, a mudanza radical no tipo de celebración do 17 de maio tórnase imprescindible.

Marcadores:

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Nunca o lugar de Niñodaguia se chamou "Niño de la guía" nin nada parecido. É máis, alí o topónimo auténtico, dos vellos é "Niñodaiga" e mesmo para algúns "Niodaiga".

Problemas hai moitos, pero a xente que cre que dicindo "teliviçao" é máis non sei qué, tamén é un problema. (By the way, os portugueses din televisao e non esa cousa que ti, arre carallo!, escribiches).

O rollo normativo axudou moito a agudizar as contradicións e avanzar no uso do galego e facelo ver como unha lingua normal etc., non é, meu?

O problema non son hoxe as leis... Cinco séculos de política asimilista, bla bla bla, dicía Castelao e é certo.
Nin os Reis Católicos nin Franco.
O galego empezou a entrar en picado, cando empezou a haber leis non seu favor (1982, p.ex.)
Por que será logo? Porque a xente segue asimilando galego a bloque, rollo cultureta, pailán, etc. Non hai un mozos que liguen en galego no clube de iates de Sanxenxo ou Baiona.
A lingua ou a facemos de todos ou pechamos... e para iso, hai que cambiar o discurso e contratar ao director de marquetín de Coca Cola ou algo semellante.

1:37 AM  
Anonymous Anônimo said...

Home, ó de homenaxear ó mortiño noso de cada ano estaba ben nises grises anos do franquismo, mais hoxe e pra ¨flipar¨. É un caso de estudio de glorificación da cultura necrolóxica.

9:11 PM  

Postar um comentário

<< Home