O Tesouro da Lagoa de Reid 'Is
A valoración do xurado sobre O Tesouro da Lagoa de Reid 'Is, a novela da Agustín Agra, gañadora do Premio Merlín foi a que segue:
Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, a novela contén a narración que un avó desenvolve, diante dos seus netos Paulo e Aldara, nunhas vacacións de verán na casa familiar de Outeiro, sobre a historia do tesouro da Lagoa de Reid ‘Is. A recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmar…), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura) son algúns dos elementos máis salientables desta obra dirixida ao público infantil.Pola súa banda, Agustín Agra declarou, cando coñeceu a noticia:
“Pouco hai que contar de min. Son como o Balbino de Neira Vilas: ninguén. O relato que enviei ao Merlín é a miña primeira aproximación á literatura infantil e mantívome ocupado seis meses deste inverno; escribino para facerlle un agasallo polo seu aniversario a un meu sobriño de dez anos e que aínda non leu, espero darllo en libro na vez de nuns folios grampados tirados da impresora. Utilicei lendas tradicionais galegas e algo, pouco, de materia artúrica. Varios familiares entrañábeis para min subxacen nos personaxes que aparecen na obra. Que máis podo dicir que repetir as grazas?”
Marcadores: Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home