Rivas na Opinión
O xornal La Opinión da Coruña publica hoxe no seu suplemento do domingo cinco páxinas sobre a nova novela de Manuel Rivas, incluíndo o texto do capítulo "O matador de touros" e numerosas imaxes dos espazos coruñeses da obra. O PDF pode baixarse aquí.
5 Comments:
mercareino
Sempre o mesmo roio neste blog:facéndolle a ola os medios de fora, facendo propaganda á Opinión da empresa canaria Moll, ou o País de Madrid; e poñendo a parir a Voz, que é o único xornal cen por cen galego, feito para toda galicia por profesionais galegos. Algún día amigo Bragado poderías empezar a dicir que a Voz é un xornal que está moi por riba do que é Galicia como país. Si a túa editorial fora no seu tan boa como A Vos en prensa, outro galo lle cantaría a nosa literatura.
Creo que o suplemento Culturas de La Voz conseguiu un nivel de calidade que xa o converteu nun referente dentro da prensa española. Ás hemerotecas me remito.
As súas páxinas falan por si mesmas.
Parabéns a cantos fan posible que exista.
Aí está.
jajajajajaja! que a voz é un bo xornal porque está feito por galeg@s!!! que criterios!!!!! (así se fai país, non?)
E un dos mellores xornais de España, e por suposto o mellor de Galicia. Claro, non e un órgano ideolóxico de ninguén, como a mais de un lle gustaría. Por iso vai montar agora El País unha delegación en Galicia, os que están no poder necesitan un xornal independente (je, je) como ese para contar o que mellor lles veña en gana. E por suposto, gratis... ja, ja En canto os xornalistas da Voz, se souberades os seus currículums e as súas capacidades, comparadas coas de moitos que escriben nestes foros, igoal estariades mais caladiños
Postar um comentário
<< Home