11.9.06

Centralismo democrático

Aquí pódese descargar o documento interno do PP coruñés. Todo un modelo de funcionamento do centralismo democrático da dirección conservadora proporcionando instrucións precisas de política obstrucionista. Canta razón tiña o deputado Aymerich.
Etiquetas: , ,

Marcadores:

7 Comments:

Blogger X said...

Moi interesante o documento, este tipo de "detalles" deben saír á luz.

9:19 AM  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

Xa hai que ser burros para deixar por escrito testemuña dun comportamento tan antidemocrático e impresentable. Saúdos.

11:07 AM  
Anonymous Anônimo said...

Con cánta (auto)complacencia lemos esa carta! Qué malos son!

1:01 PM  
Blogger bouzafria said...

Non son só malos, o pior é que son estúpidos ( no significado de Carlo M. Cipolla ), e a súa estupidez pagámola todos.

1:16 PM  
Anonymous Anônimo said...

Bueno, tampouco é para escandalizarse tanto- no senso de ser sorpresivo- porque esta xente sempre gustou de deixar escrito as suas cousas.
Aínda me lembro cando daban instruccións por escrito publicadas en El Mundo de Galicia sobre a quen escoller para presentador de Antena 3 en Galicia polo seu antinacionalismo, un tal Rubido(?) hehehe...corría o 93 se mal non me lembro...
Total, que lendo a última liña do documento, a min o que me vén á memoria é La Cuadrilla, de Ken Loach.

Óscar González

2:38 PM  
Blogger torredebabel said...

Burros non, Marcos. Impunes. Iso é o que son. E senón, falamos disto nuns meses a ver qué pasou...

2:04 PM  
Blogger Da sibeira e do cuarto said...

Non sei se reparastes na cantidade de erros ortográficos e castelanismos que tiña o documento. Unha proba do respecto que ten esta xenta pola lingua.

11:32 PM  

Postar um comentário

<< Home