
Almiral Mouchez lembra neste
blog, moi oportunamente, que hai hoxe dous anos morreu
Manuel María. O autor de
Brétemas do muiñeiro e
Muiñeiro de brétemas foi quen escribiu: "Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila e escurece, (...) E nunca morre". As palabras de Manuel seguen vivas connosco.
Marcadores: Autores, In memoriam
5 Comments:
Grazas, Manolo, irmán, pola túa memoria.
Galicia vive en ti.
(Vive, e vivirá para sempre, en todos vós...)
Almiral Mouchez
Lembro-o como o dia máis triste daquel verán.
A sua morte foi moi emotiva precisamente, porque, como ilustra a cita que publicas, a sua poesia era moi sentida.
Tamén lembro con xenreira a escasa atención mediática que espertou o seu pasamento.
Grazas por vos lembrar e por homenaxeardes hoxe á persoa que máis me fixo sentir a voz do presente do meu povo ás miñas costas, aínda ben novas.
Grazas, Manuel María, por aliviar decote tanta dor e por nos procurar un futuro mellor. Por deixares semente victoriosa e facer agromar tanta ilusión nos que te botamos en falla. Por debuxares novos abrentes redentores nos que é moi doado imaxinarmo-nos ledos.
Sempre te levaremos no peito. "Capitán de poesia", como un dia dixo Celso Emilio de Lorca.
Galiza non te esquece; a poesia precisa da tua herdanza. Até sempre.
Manuel María.
Voz de río,
mirada que era espello de cen fontes.
Paixase viva.
Alma de manancial.
Graciñas por teren existido.
Por canto nos deixaches.
Versos artellados con paxaros,herbas,flores,xuncos, choiva...
Gracias.
Por teren existido.
Extraordinario (e moi emotivo) concerto de Milladoiro no auditorio en Vilalba o venres en homenaxe a Manuel María.
Interesante a FOTOBIOGRAFIA SONORA de Ouvirmos.
Libro e 2 cds con poemas e cancións dos grupos que empregaron as suas letras, ata hai un de Euskadi e de Cataluña.
Postar um comentário
<< Home