Federico García Lorca en Lugo

Este novo traballo do Profesor (estamos preparando, tamén, a edición do seu groso volume Intelectuais marxistas e comunistas en Galicia. 1906-2006) deita unha mirada moi esclarecedora sobre as presenzas lorquianas en Galicia e sobre as motivacións, o proceso de escrita, a edición e a recepción dos famosos Seis poemas galegos.

Outra importante novidade do volume, froito do traballo de furón de biblioteca do Profesor, é a recuperación da reseña de Roberto Blanco Torres (publicada en El País de Pontevedra en febreiro do 36, apenas seis meses antes de que fose cuneteado) sobre a aparición dos Seis poemas galegos. Con todo, o famoso texto de Álvaro Cunqueiro ("Poesía, craridade"), publicado en El Pueblo Gallego (tamén en febreiro do 36), constitúe unha das máis fermosas críticas sobre poesía galega que teño lido. Eis un dos parágrafos máis luminosos (dos que a actual crítica galega debería tomar boa nota):
Federico García Lorca regálanos oxe con seis poemas galegos que son gaita, nadal i-outras frescuras. A lingua anterga il apremia profonda e di con ela a i-alma finísima. Aquela ágoa que non desemboca, aquel mirar que tanto mira. I-a nosa lingua apenas tivo nunca de estraño galano maior. Eu amo no verso de Federico García Lorca a lixeireza do mundo, a lediza das froles, o amor perdido das cantigas, o decir romántico das formas i-o antiguor esmerado e fermoso. Festa é oxe na pequena lingua d-a dozura i-a craridade diste verso nos goza a todos.Etiquetas: Lorca, AlonsoMontero, Poesía
Marcadores: Efemérides, Eventos
2 Comments:
Sería interesante que a Academia lle adicara a Lorca o Día das letras un aniño destes
enGalego.esp.st
Sería de xusticia adicarlle a Federico o día das letras universais, posto que a poesía lorquiana a ninguén deixa indiferente, e a todos nos chega, a todos conmove.
Estes versos meus, miña homenaxe a ÉL, que aínda está a vivir no pálido silencio da Lúa.
Quiero ofrecerte
el silencio de esta hora lunar
profunda y plena
en que siento tu pulso latir acompasado
en el hueco axilar de mi tristeza.
De donde viene tu aura,
desde que estrella
se llena el gran silencio de ti calladamente.
La noche vibra con risas de topacio
tras las altas vidrieras de tus lunas.
Postar um comentário
<< Home