Menchu no CGAC
Mañá abre a exposición de Menchu Lamas no CGAC, a que promete ser unha das máis importantes exposicións da tempada. Sempre tiven unha grande querenza e admiración polo traballo desta pintora de trazo rotundo e apaixonado. Gosto da depuración á que ven sometendo as súas características iconas, tanto pola intensidade no tratamento da cor coma pola súa capacidade de enmarcalas nun universo de plurisignificados. Haberá que falar devagariño desta antolóxica do seu traballo da última década.
Etiquetas: Arte, MenchuLamas, CGAC
Marcadores: Artes Visuais, Exposicións
2 Comments:
A min gústame moito, Menchu Lamas...
irei ver a exposición en canto poida
Almiral
Non podo estar na inauguración, pero se está dentro do meu interese ver a exposición, ela e Antón Patiño son un referente claro dun momento e dunha forma de facer, totalmente viva.
Postar um comentário
<< Home