Ler, saber, facer
O Día Internacional da Biblioteca Escolar celébrase este ano baixo o lema "Ler, saber, facer". Recomendo baixar o documento PDF elaborado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellaría de Educación, no que se dá conta das características da efémeride en Galicia e se suxiren moitas actividades para realizar nas Bibliotecas dos centros educativos, durante o día de hoxe ou durante esta semana, co obxectivo de facer visible a biblioteca escolar na sociedade.
Marcadores: Efemérides, Literatura infantil e xuvenil
2 Comments:
e de que vale un día así se na meirande parte dos centros as bibliotecas non se usan o resto do ano??? no colexio onde eu estudiei -e non foi hai tantos anos- a biblioteca estaba pechada con chave e nunca nos deixaban ir. cada vez se fomenta menos a lectura...
(bonita ilustración de quentin blake)
Na escola onde eu estudei a biblioteca tamén estaba pechada, pero non todo segue igual e temos a capacidade -limitada ás veces, seino- de contribuír a que as cousas cambien. De feito, no centro onde traballo hai unha boa biblioteca que aumenta cada ano a oferta de actividades e servizos. Afortunadamente, as bibliotecas escolares van mudando grazas a que hai cada vez máis profesionais que se encargan de que sexan espazos "abertos". A min tampouco me gusta que todo se limite a celebracións de un día e penso que temos que seguir demandando máis medios humanos e económicos para as bibliotecas, pero non está de máis que, de cando en vez, tamén celebremos... :-)
Postar um comentário
<< Home