Tempos novos
No panorama da prensa impresa en lingua galega Tempos novos é un referente indiscutible de rigor e calidade informativas. O veterano mensual de Luís A. Pousa foi alicerzando o seu proxecto de publicación de pensamento progresista, mellorando as súas calidades de edición e deseño, aumentando a súa publicidade ata conseguir ofrecer un produto de gorentosa lectura.
Un exemplo ben acaído do que dicimos é o número de outubro que contén artigos moi valiosos: unha longa entrevista a Pasqual Maragall, realizada por Suso de Toro (desas que xa non se publican en case ningún medio); unha reportaxe sobre o independentismo galego; outra sobre blogs e literatura (un expléndido traballo de Iago Martínez sobre o panorama dos blogs en galego, incluíndo unha entrevista a Xavier Cid na que o especialista en xornalismo dixital dá por finiquitado o chamado "blogomillo"); un reflexivo ensaio de Victoriano Pérez Prieto sobre a polémica Vaticano-Islamismo ou unha crítica longa e literariamente fermosa de Antón Patiño sobre a "maxistral novela oceánica" de Rivas, por citar só cinco dos contidos moi destacados deste número da revista.
Porén, botamos de menos unha maior presenza dos contidos da revista na rede. Estou certo de que de publicarse en formato dixital, este número de outubro tería milleiros de lecturas electrónicas. Aspecto que supoño os responsables da revista tratarán de mellorar no futuro, sobre todo, a partir da edición dun suplemento da revista dedicado especificamente aos libros e á literatura galegas do que teño oído falar e que coordinará un profesional de absoluta solvencia.
No panorama informativo en galego tan reducido (onde apenas salienta a continuidade teimosa d' A Nosa Terra e a aparición esporádica dalgunhas publicacións institucionais), o esforzo de Tempos novos por ofrecer un produto desta dignidade merece ser salientado e recoñecido. Os lectores en galego debemos superar algúns prexuízos (escasamente xustificables) e apoiar publicacións tan notables como a aquí reseñada. Beizóns para Tempos novos e os seus responsables. Apoiemos a prensa en galego.
Actualización: (23-10-2006): Na canle de Tempos en Vieiros publícanse algúns contidos aos que fixemos referencia.

1 Comments:
Vai conseguir que me pase por unha biblioteca a ler o número.
Recoñezo que non podo perderme esa entrevista onde alguén da por finiquitado algo que nin axudou a nacer, nin a crecer, nin por suposto a morrer... Este país carecerá de enxeñeiros,...pero de futurólogos, meu deus! Das unha patada ao a(i)r(e), e sáeche unha ducia.
Postar um comentário
<< Home