
Moi xeitosa a
nova canle cultural de Vieiros. A estrutura de seccións, a presenza importante da imaxe e do vídeo e, sobre todo, o tratamento da información cultural presentada nestas primeiras entregas son novidades que anuncian que este novo espazo vai constituír un paso importantísimo para Vieiros e para a ampliación da súa audiencia. Ademais, gústame esa homenaxe sutil que con este nome se lle fai á cultura galega renovadora dos oitenta (
Máis alá foi, ademais do
manifesto manuelantoniano, o título daquel primeiro programa cultural vangardista dos primeiros anos da
TVG que presentaba e dirixía Manuel Rivas, que ben se poderían ir publicando na rede). Beizóns para
Lois e o seu equipo por este novo paso adiante.
Marcadores: Beizóns, Internet, Medios
1 Comments:
Que susto. Pensei que ias falar de min.
Postar um comentário
<< Home