10.10.06

Moitos libros?

(Alicia Martín, instalación, Madrid 2003)
A pasada semana comentamos polo miúdo os datos do estudo do Comercio Interior do libro 2005, tratando de non simplificar o diagnóstico sobre a produción e venda do libro galego no pasado ano e procurando atopar liñas de tendencia entre os últimos cinco exercicios . Onte apareceu unha coidada información sobre o mesmo tema cun enfoque e diagnóstico moi semellantes. Afortunadamente cada vez contamos con máis datos e máis afiados para saber cáles son os puntos fortes do sector do libro galego e cáles as súas maiores feblezas. Hai tipoloxías de edición, como a infantil e a educativa, e mesmo a literaria (sobre todo no xénero da narrativa), da que sentirnos ben orgullosos, tanto polo crecemento da súa produción diversa como do seu número de lectores; mais tamén o é que hai outras onde as nosas carencias son abrumadoras. Feitos a ter moi en conta á hora de deseñar as políticas públicas de fomento da lectura e da edición en galego. Podemos navegar axudados por esta cartografía.
Etiquetas: ,

Marcadores: ,

2 Comments:

Blogger dorfun said...

...lendo isto lembrei esto outro http://www.whatshouldireadnext.com/ ...pon un libro que leras... e recoméndanche outro en base ó primeiro! :D interesante, non? [lido en http://www.juanjonavarro.com/masquecodigo/archivos/2006/10/06/que-leer-ahora/]

10:17 PM  
Blogger Brétemas said...

Dorfun: éche unha moi boa idea esta de facer unha cadea de libros hipertextuais. Hai que estudalo. Grazas pola recomendación.

10:24 PM  

Postar um comentário

<< Home