Pamuk: novela, nación e identidade
Pamuk, o recente premio Nóbel de Literatura, prepara a súa vindeira novela: O museo da inocencia, que podería ser editada en galego o vindeiro ano.
Estas declaracións parécenme moi interesantes para o debate do caso galego sobre as relacións entre novela e nación:
Estas declaracións parécenme moi interesantes para o debate do caso galego sobre as relacións entre novela e nación:
A novela explora a nación e as súas contradicións. Unha nación está formada por xente que comparte a mesma terra, mais non os mesmos sentimentos. Unha vez que se pon a toda a xente da mesma terra e de sentimentos diferentes nunha novela, entón todos compartimos a mesma nación.
Marcadores: Autores
2 Comments:
É curioso, teño un libro del na casa que merquei nunha oferta, pero non puiden lelo. Só resta ver a que se refire o señor Pamuk con nación, porque nen os meus amigos kurdos nen os armenios dirían que van entrar na turca despois de tanto xenocidio só por sairen xuntos nunha novela. Independentemente do sentido que se lle queira dar á novela como trasunto dun espazo de convivencia nacional, o certo é que a literatura foi e segue a ser un escenario de loita, tanto os integradores como os emancipadores recorren a ela para labrarse unha identidade e unha consciencia conxunta.
Aver se o sacades en galego,si e aver se o seguinte Nóbel non hai que traducilo ;)
Que quere exactamente dicir "podería ser editada en galego o vindeiro ano" na época da inmediatez?
Postar um comentário
<< Home