Proxecto Palabras +
Enviáronme información sobre o proxecto Palabras + que promoverá a artista Luz Darriba o 25 de novembro, na praza do Obradoiro, con motivo do Día Internacional pola non violencia contra as mulleres. Reproduzo o texto da proposta de participación na actividade:
Palabras +
A palabra, o poder, o alcance, o contido da palabra, é o concepto que rexe este traballo. Cando todos os camiños bifúrcanse, sen máis sinais que o noso propio desasosego, como diría o poeta: “quédanos a palabra”.
É, precisamente, a través das palabras dende onde foi pensado este proxecto, como un proxecto lúdico, didáctico, pictórico e interactivo, que encerra contidos tendentes a alertar, concienciar, sensibilizar sobre as relacións humanas, e todos aqueles sentimentos que nos achegan, iguálannos e diferencian, e propóñennos relacións entre pares.
Deste xeito, Palabras + volve retomar o problema da inequidade simbólica de xénero como compoñente esencial da violencia física e social contra as mulleres. Con todo, Palabras +, en lugar de postularse como unha denuncia que describe a inxustiza e a situación de negatividade –como xa foi reflectido en Patchwork (Santiago de Compostela 2004) ou Luva Negra, Luva Branca (Lugo, 2005)– afírmase na súa pura positividade.
Deste xeito, Palabras + ten como obxectivo central construír palabras, definicións, significados novos aos xa existentes coa finalidade de aportar un novo sentido concreto e simbólico á realidade. O seu propósito derradeiro será que estas definicións construídas dende a concordancia e o pluralismo cobren importancia e reclamen xustiza e equidade entre homes e mulleres. Para iso, convocamos a figuras representativas de diversas disciplinas, intelectuais e activistas políticos/as que se atopen comprometidos/as coa causa da igualdade de xénero, a participar desta obra monumental en clara oposición e rexeitamento a todo tipo de violencia exercida cara ás mulleres.
Breve descrición do proxecto
Palabras +, “palabras Animadas”, consiste nunha intervención estética de grandes dimensións que se instalará o 25 de Novembro de 2006 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
A devandita intervención consiste na creación dun enorme crucigrama no que as palabras estean representadas por persoas: respecto, amor, empatía, compromiso, autoestima, xenerosidade, tenrura, valoración, paridade, solidariedade, xustiza, liberdade, independencia, sensibilidade, sinceridade, lealdade, compañeirismo, soridade, fraternidade, comprensión, amizade, paixón, estimulación, cooperación, harmonía, saúde, felicidade, unión, desexo, alegría, coñecemento, dignidade, positividade, realización, compartir, educar, coeducar, igualdade, autocoñecemento, paz, confianza, seguridade, diferenza, responsabilidade, corresponsabilidade, amabilidade, feminidade, masculinidade, empoderamento, vontade.
Estas son algunhas das palabras que cremos teñen que ser revisadas, “interiorizadas”, “redefinadas”, en suma habitadas. Estas palabras son as que convidamos a escoller e definir dende distintos puntos de vista, entre eles e o máis fundamental, o “subxectivo”. A idea e a realización está a cargo da artista Luz Darriba e para colaborar con este proxecto é necesario tomar contacto con ela á seguinte dirección: luzdarriba@hotmail.com
Convidámosvos a elexir unha palabra, a que queirades e darnos a vosa definición dela. As definicións que aporte cada persoa serán incorporadas nun catálogo-libro, xunto ás súas respectivas citas de autor/a e formarán parte do material de análise de estudantes de toda Galicia.Etiquetas:Palabras+, Luz_Darriba
Marcadores: Eventos
6 Comments:
Me ha encantado lo poco que he entendido del post aunque las palabras con las que confeccionareis el crucigrama son en raíz, tan universales que ,si quiera bloguerilmente, las comparto con vosotros.
" UNHA PALABRA TUA
Tal vez duas. Unha pequena explicación que me axudara a entender todo esto. Saír do bucle. Trazar lineas discontinuas. Poder follar sen comparar. Poder falar sin que sexa dese tema. Poder buscar sin Osmar. Ollar os ollos mentras penetro. Morder linguas sen asco. correrme de frente. Correrme incluso.
Tempo?. Vale, pedireillo entón ós Reices."
Paréceme unha idea preciosa, ese aflorar de palabras +, clave tan necesaria para lograr unha convivencia digna entre o xénero humano.
A palabra é o verbo que o cunxuga todo.Se prescindimos dela,seremos destructivos. Escoitemos, deixemos voar de nos como se fosen pombas, palabras, palabras... Palabras tan fermosas como Amor,Amar, Dereitos, Dignidade.
Con esta exposición confírmase o dito por Brétemas no post anterior sobre o estado da política cultural: un chisco anémico e rutineiro. Se estas son as innovacións...
Xa o decía eu: parole, parole, parole
"Quien piensa, debe rebelarse a la opresión. Las víctimas, en la medida en que puedan, tienen que ofrecer resitencia" H. Arendt.
..."La historia contemporánea ha creado una nueva clase de seres humanos:la clase de los que son confinados en campos de concentraciónpor sus enemigos, y en campos de internamiento por sus amigos"(outra vez, H. Arendt).Queres palabras? ben, empecemos por non suprimir as que hay:a violencia é sempre a violencia,non ten apelidos;neste caso:"a violencia que exercen algúns homes sobre algunhas mulleres" e non "violencia de xénero".Outra palabra? pensologorebélome
es una iniciativa política y estética. Dejemos de criticar cada gesto desde una postura puritana del que nunca hace nada y critica a todos. Esta propuesta es muy interesante y no creo que se diluya solo en palabras palabras como ha comentado alguien en este sitio. Felicito a Luz Darriba por sus continuos gestos estéticos.
Postar um comentário
<< Home