Pecha a libraría Colón da Coruña
Colón, a libraría máis antiga da Coruña, tan presente na novela de Rivas, pechará antes de finais deste ano. A ruína do edificio (ninguén fixo nada para impedila, esa vella treta!) é a causa aducida polos propietarios do inmoble para levantar alí unha construción de nova planta. O día 14 de decembro está previsto que realicemos unha derradeira asinatura de exemplares. Agardemos que a vella Colón (abriu as súas portas en 1935) atope outra ubicación no centro da cidade á que serviu con humildade durante sete décadas.
Propoño que, cada vez que peche unha libraría nas nosas cidades ou vilas, sexa denunciado nos nosos blogs coa intención de confeccionar un mapa de librarías da memoria. Será un xeito de tributarlles a homenaxe que merecen.
Propoño que, cada vez que peche unha libraría nas nosas cidades ou vilas, sexa denunciado nos nosos blogs coa intención de confeccionar un mapa de librarías da memoria. Será un xeito de tributarlles a homenaxe que merecen.
Vía: Cartafol de gardalivros.
6 Comments:
En Auria no século XIX estaban case todas na Praza Maior. Foron pechando de vagariño, quedaron algunhas católicas pero co tempo pecharon tamén. Das máis novas, do XX, salvouse Tanco, que estivo a piques de rematar, pero tivo que cambiar de local e que ten uns fondos (libros de hai anos) bastante bons. Curiosamente, en todas partes pechan as librerías pero os ourensáns tampouco podemos queixarnos: ademais de Tanco, nos últimos tempos abriron varias novas e valiosas como Torga (libro galego e portugués, sobre todo), Eixo (na mesma rúa de Tanco) ou a Libraría Internacional (en Cap.Eloy); o resto subsisten como poden.
Gustoume a idea do mapa das librarías da memoria, sumareime tamén. Un saúdo.
O que en principio ía ser unha listaxe obxectiva para optar a unhas oposicións limpas á CRTVG, acabou sendo unha discriminación absoluta para os traballadores que dende as provincias galegas levan anos facendo novas exclusivamente para a CRTVG.
A puntuación que reciben estos traballadores polos anos dedicados á compañía é a metade que a que recibe un traballador que realiza o seu traballo dende San Marcos.
Cremos que estamos a recibir un tratamento inxusto despois de levar anos sendo imaxe dunha empresa pública como é a Galega e traballando de feito esclusivo para os seus informativos.
Agora queren que aceptemos un tratamento discriminatorio que nos deixa fóra de calquera proceso de selección xusto dentro da compañía.
Trátase dunha situación anómala herdada do goberno anterior que decidiu no seu momento que as delegacións dependesen ilegalmente de productoras externas realizando en exclusiva o traballo para a CRTVG.
Esa situación levou á nova dirección da compañía a non recoñecer os nosos dereitos como traballadores da CRTVG e é o que reclamamos nestes momentos.
Din que non somos unha Delegación, pero o certo é que traballamos como tal. Din que non merecemos o mesmo tratamento que un traballador de San Marcos, pero o certo é que temos as mesmas obrigas, traballamos en xornada partida e temos uns salarios ridículos con respecto ós que teñen en San Marcos por facer o mesmo tipo de traballo.
Ante esta situación, os 18 traballadores que formamos a Delegación da CRTVG en Lugo decidimos acudir á xustiza e demandar legalmente unha situación que non comprendemos e que consideramos absolutamente inxusta.
Só pedimos que se nos respete como traballadores que levamos anos traballando para a CRTVG, representándoa na provincia de Lugo e facendo o mesmo traballo que as persoas que o realizan dende a central.
Queremos que quede claro que a nosa intención non é prexudicar ós nosos compañeiros e en moitos casos amigos de San Marcos, todo o contrario, só pedimos solidariedade xa que o noso traballo, idéntico ó seu, está a ser infravalorado nestes momentos.
Non queremos reivindicar dereitos que non nos corresponden.
Entre tódalas Delegacións da CRTVG facemos o 80% da información da Galega.
Agora queren que nos botemos atrás coas demandas, e ameazan con tomar outro tipo de medidas de presión, pero, a cambio, non queren solucionar a situación con nós.
Por iso pedimos o apoio dos medios de comunicación para que se coñeza esta situación insostible que levamos aguantando moitos anos, pero que estalou nestes momentos non polo cambio de goberno, senón pola discriminación laboral á que nos somete a CRTVG ó non considerarnos traballadores cos mesmos dereitos que o persoal de San Marcos.
Somos conscientes de que a nosa denuncia pode ser malinterpretada, pero queremos salientar que a nosa intención so é defender os nosos dereitos como traballadores en exclusiva para un medio público que agora se desentende de nós".
O máis triste é que non creo que Colón dea aberto de novo no centro. Nunca na vida van atopar unha renda coma a que tiñan.
Por certo, tamén se pode votar por librarías antipáticas? Porque eu na Coruña voto por Arenas.
Eu, por antipáticos/as, en Vigo voto por Librouro.
Rúa dos Olmos, 9, onde antes estaba O Salto do Can, agora temos "Nova Colón".
Postar um comentário
<< Home