Cuestión de índices
Barbol publica unha agudísima anotación sobre a cuestión dos índices como unha parte imprescindible do libro. Recollendo unha cita de Lord John Campbell ("suxerín facer unha proposta de lei ao parlamento, co obxectivo de privar de copyright a calquera autor que publicase un libro desprovisto de índice, e ademais condenalo a una multa por ese delito"), Barbol abre un debate sobre a controvertida cuestión dos índices. Sen asumir ao pé da letra a proposta do lord, son dos editores que cre imprescindible que todos os libros impresos inclúan o índice ou sumario dos seus contidos, preferiblemente, ao seu remate (aínda que sei que outros editores, seguindo as pautas norteamericanas) prefiren situalo diante. Entendo que este requisito pode ser obviado só naquelas obras narrativas divididas por capítulos numerados sen títulación. Outrosí poderiamos dicir da utilidade dos índices analíticos e onomásticos, case imprescindibles nas obras de carácter memorialístico ou histórico. Semellantes sutilezas (que supoñen moito traballo, quen o dubida?) enriquecen a calidade das edicións. Rotinas que non deberíamos deixar de utilizar.
Marcadores: Edición
4 Comments:
Estou totalmente de acordo co que dis, en especial no caso dos libros de historia que gusto de leer, nos que a falta dun índice paréceme especialmente grave.
ola.
na miña 'nova' tolemia deume polo teatro. e igual que son importantes os índices, en teatro son importantes os repartos.
dígoo porque me atopei coa obra eliana en ardentía ou bernardo destemplado (de xerais) na que non aparece.
non sei se é algo xeralizado de xerais para o teatro ou que esta edición (ou esta obra) 'saíu' así.
se é algo xeralizado, por favor, pensádeo un chisco, dádelle unha volta.
biquiños e feliz ano.
Entendo que foi un descoido, Lúa. Os libros de teatro deben ter reparto e, se foron estreadas, referencia da compañía e do seu reparto, ademais de data e lugar. Agradezo o comentario. Outra cousa que se nos pasou. Mágoa!
si, o elenco do estreno tamén aparece nalgunhas obras de teatro.
sóese facer, aínda que a min non me interesa tanto, non me da datos sobre a obra en si. só do gusto que tivo unha compañía de teatro en querer representala e estrenala.
o reparto si me interesa, e se está comentado aínda mellor, pero iso é cousa do autor.
eu tamén penso que foi un descoido. foi unha casualidade que tivera nas miñas mans esa obra ao mesmo tempo que lía esta cuestión de índices.
Postar um comentário
<< Home