2.1.07

As primeiras novidades de 2007

O primeiro día do ano de traballo na oficina permítenos poñer en orde o que será tamén o primeiro lanzamento de novidades narrativas de 2007. De forma inmediata (nos vindeiros catro meses) aparecerán as novelas novas de Xavier Queipo (Dragona), Francisco Antonio Vidal (Pecados capitais), Teresa Moure (Benquerida catástrofe) e Marina Mayoral (Case perfecto), ademais dos debuts de Mario Regueira (L' affiche rouge) e Héctor Carré (Diario dun impostor). Quedaron rexistrados tamén os primeiros orixinais do ano de Agustín Fernández Paz: a edición corrixida e actualizada de Cartas de inverno (que acadará a 20ª edición, un feito histórico no catálogo noso) e Sucos de bágoas, un libro de relatos co que abriremos unha nova colección. Agardamos que a colleita deste ano sexa tan ventureira e de tan boa calidade como a do anterior.
Etiquetas:

Marcadores: , ,

2 Comments:

Blogger nhusko said...

Caralludo poder ler algo novo de Xabier Queipo. Que sexa o primeiro.

10:14 PM  
Blogger X said...

Se é bo para vostedes tamén o é para nós. Saúdos.

12:39 AM  

Postar um comentário

<< Home