5.1.07

A situación da industria editorial

Leroy publica hoxe unha moi completa anotación sobre a situación da industria editorial en España. A partir do estudo do profesor do ESADE José María Álvarez de Lara e de diversas declaracións de diversos editores apunta algunhas das liñas que caracterizan actualmente ao sector editorial en España:
  • Un sector maduro e consolidado con dificultades de expansión internacional e de crecemento das súas vendas (apenas un 1% anual na última década).
  • Un sector inseguro por mor da perda de canles de comercialización debido á crise das "librarías tradicionais".
  • Un sector inflaccionario polo descontrol no número de títulos editados (70.000, unha das máis altas de Europa).
  • Un sector cada vez máis concentrado: un 4% das empresas supoñen o 65 % das vendas.
  • Un sector que se esforza en diversificarse (sobre todo os grandes grupos) no ámbito das industrias culturais e na comunicación.
  • Un sector industrial con escasa importancia económica (apenas un 0,7 % do PIB español) mais que achega "glamour".
Outro diagnóstico que reincide nos vellos problemas coñecidos da síndrome da inflacción editorial para unha sociedade que padece de indixencia lectora.
Etiquetas:

Marcadores: ,